Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Lamas e Dontide (O Incio).
Situación: O Incio.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en apoios de formigón e conductor LA-56 cunha lonxitude de 45 metros. Un centro de transformación de 50 kVA. Rede baixa tensión a 380/220 V en R.Z. de 1.435 metros de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 24 de agosto de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8336