Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/272-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Ribadafonte, Sino, Barreira.

Situación: Outes.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 105 m de lonxitude, que parte da L.M.T. DC Tambre-Conchido (expediente 50610) e remate no C.T. prefabricado que se vai instalar en Barreira de 250 kVA e ensamblaxe da R.B.T. Concello de Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de agosto de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

8338