Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 29 de setembro de 1998 Páx. 10.792

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1998 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (98/056 e catro máis).

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado resolveu convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións cós españois:

Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, logo de acreditación da nacionalidade conforme o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.

Logo de acreditación, os nacionais daqueles estados ós que en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos nos que esta está definida no Tratado Consultivo da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os setenta.

c) Non ter sido separado, por expediente disciplinario, do servicio da Administración do Estado ou da Administración autónoma, institucional ou local, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir ademais as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase do concurso e, se é o caso, titulación suficiente debidamente recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia para o exercicio profesional en España como profesor universitario.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar ás prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudante desta universidade, agás as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (Boletín Oficial del Estado do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Os que desexen tomar parte neste concurso remitiranlle a correspondente solicitude o rector da Universidade da Coruña, por calquera dos procedemntos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro e de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado mediante instancia, segundo modelo anexo II, debidamente cuberto, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustifica-lo aboamento da conta corrente 17957982, Concursos-oposicións, Caixa Postal, oficina principal da Coruña, da cantidade de 10.022 pesetas por dereitos de inscrición, xuntándolle á solicitude o xustificante acreditativo do ingreso.

Quinta.-Rematando o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das adminis

tracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), remitirá a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas da exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-.O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que é citado, e pola que se convocará a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, ós suplentes necesarios par efectua-lo acto de constitución dela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, hora e lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entreganlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1988, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na Secretaría Xeral da Universidade, no prazo de quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou documento equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude do expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos debendo presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condicións de fun

cionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

A Coruña, 7 de setembro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Número de prazas: 1.

Praza número: 98/056.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: fisioloxía.

Departamento ó que está adscrita: Medicina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia teoría e práctica en fisioloxía humana (neurofisioloxía).

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 98/057.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: medicina.

Departamento ó que está adscrita: Medicina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en medicina interna.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 98/058.

Corpo: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: fisioloxía.

Departamento ó que está adscrita: Medicina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en fisioloxía (endocrinoloxía e nutrición).

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 98/059.

Corpo: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: ciencias morfolóxicas.

Departamento ó que está adscrita: Medicina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en anatomía humana. Anatomía dos órganos bucofonatorios.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 98/060.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Economía Aplicada II.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en estatística económica.

Clase de convocatoria: concurso.

8489