Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Baroncelle (Abadín-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Baroncelle

(Abadín-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 100/1996, do 29 de febreiro, (DOG nº 52, do 13 de marzo), que a xunta local da zona, na súa reunión do 11-6-1998, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Abadín e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboeiro de anuncios do concello,

de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra as bases poden os interesados interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo no Servicio de Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal, para face-las notificacións que procedan.

Lugo, 17 de agosto de 1998.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

de Lugo

8316