Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para as instalacións dos equipos electrotérmicos do parque eólico San Xoán. (Expediente 11/1997).

Vista a solicitude con data do 14-9-1998 (Rexistro de Entrada nº 36792, con data do 14 de setembro de 1998) formulada pola entidade Made Energías Renovables, S.A., con domicilio social en Paseo da Castellana, 95-planta 29ª, 28046 Madrid.

Vista a resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Autonomía de Galicia, con data do 27 de agosto de 1998 (DOG do 14 de setembro), pola que se autorizou, se declarou de utilidade pública e se aprobou o proxecto de execución do denominado parque eólico San Xoán, nos termos municipais das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e Muras (Lugo), coa instalación de corenta e oito aeroxeradores de 330 kV sobre torres de 31 m de altura e diámetro do rotor de 30,4 m.

A referida resolución leva implícita a necesidade de ocupación dos bens, a adquisición dos dereitos afectados e a declaración de urxente ocupación, de conformidade co Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG do 17 de xullo), da Consellería de Industria e Comercio, que regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, fáiselles saber ós titulares propostos dos predios que se conteñen na relación

anexa, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que o día 19 de outubro de 1998, a partir das 11 horas, o representante da Administración acompañado dun perito, se presentarán na Casa do Concello das Pontes de García Rodríguez (sen prexuízo de se desprazar con posterioridade ós predios se fose necesario) para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens expropiables e se farán consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Advírteselles ós interesados que no día e hora sinalados poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular por escrito perante esta delegación ata aquel momento as alegacións, para os únicos efectos de emendar posibles erros padecidos sobre os bens para expropiación forzosa de superficies en solo.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan deste, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 15 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expropiación do pleno dominio dos predios afectados

Nº predio

Propietario e domicilio

Superficie

afectada (ha)

Lugar

Clasificación

60José Vázquez Suárez, Avda. da Coruña, 20-4º H, Pontedeume (A Coruña)0,1500As CampasMonte baixo
63José Vázquez Suárez, Avda. da Coruña, 20-4º H, Pontedeume (A Coruña)0,1880As CampasMonte baixo
64José Vázquez Suárez, Avda. da Coruña, 20-4º H, Pontedeume (A Coruña)0,1152As CampasMonte baixo
65José Vázquez Suárez, Avda. da Coruña, 20-4º H, Pontedeume (A Coruña)3,0466Serrón do LoboMonte baixo
67Vicente Castro Bellas, r/ Rego do Campo, 42-1º, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)0,5500Alto de S. XoánMonte baixo
70José Vázquez Suárez, Avda. da Coruña, 20-4º H, Pontedeume (A Coruña)0,1580Alto de S. XoánMonte baixo
71Hros. José Seoane Castro, rúa Fene, 22, As Pontes de García Rodríguez. Cándida Sueiro Rodríguez, Sucadio-As Pontes de García Rodríguez. Hros Juan Cabaleiro Prieto, Pbdo. Magdalena, H-6-2º Esqda., As Pontes de García Rodríguez. Hros. José Ramil Prieto, Sucadio-As Pontes de García Rodríguez. José Suárez Vázquez, Avda. da Coruña, 42-4º H, Pontedeume (A Coruña)1,4250Braña MouraMonte baixo

8238