Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.743

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de setembro de 1998 pola que se procede á adxudicación, con carácter definitivo, de postos ós funcionarios que superaron os procesos selectivos convocados por ordes do 26 de decembro de 1995 para o acceso ós distintivos corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia.

Realizado o acto de petición de destino definitivo o día 21 de setembro de 1998 de funcionarios dos distintos corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia, nomeados pola Orde do 16 de xaneiro de 1998 (DOG nº 16, do 26 de xaneiro) e unha vez elevada a proposta de adxudicación por parte da correspondente comisión, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles con carácter definitivo ós funcionarios dos distintos corpos de Administración

xeral da Xunta de Galicia nomeados pola Orde do 16 de xaneiro de 1998 (DOG nº 16, do 26 de xaneiro) que se relacionan nos anexos I, II, III, IV e V, os postos de traballo que se especifican neles.

Segundo.-A toma de posesión dos/as funcionarios/as, efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do Regulamento 93/1991 (DOG nº 58, do 15 de marzo), computándose estes a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

8390