Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.738

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Gestión y Técnicas del Agua, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Gestión y Tecnicas del Agua, S.A, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-7-1998, subscrito en representación da parte económica polos respresentantes da empresa e da parte social polo delegado de persoal o día 30-7-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de agosto de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Gestión y Técnicas

del Agua, S.A., para o centro de traballo

do Burgo-Culleredo

Capítulo I

Condicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

As normas contidas no presente convenio colectivo regularán as relacións laborais entre a empresa Gestión y Técnicas del Agua, S.A., e os seus traballadores do centro de traballo do Burgo-Culleredo, que estean adscritos ós servicios de limpeza pública, viaria, regas, recollida de lixo domiciliario e residuos reciclables e conservación da rede do sumidoiro.

Artigo 2º.-Ámbito persoal e funcional.

O presente convenio afectará e será de aplicación a todo o persoal que estea comprendido no artigo anterior, que presta ou preste os seus servicios na empresa mediante calquera modalidade de contratación.

Exclúese expresamente do ámbito regulado polo presente convenio o persoal afecto ó establecido no artigo 1, punto 3 a) e c) da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Vixencia e denuncia.

O período de vixencia deste convenio colectivo será de tres anos, contados desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 2000, independente da data da súa publicación no BOP da Coruña.

A denuncia do presente convenio deberá efectuarse por escrito á outra parte, cunha antelación mínima de dous meses á data do seu vencemento ou do de calquera das súas prórrogas.

En caso de non ser denunciado validamente, prorrogarase a súa vixencia nos termos previstos no Estatuto dos traballadores, actualizando os conceptos económicos coa mesma porcentaxe que experimente o índice de prezos ó consumo do ano en curso.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

Se a xurisdicción competente anulase ou invalidase algúns dos seus artigos parcial ou totalmente, as partes asinantes reuniranse co obxecto de soluciona-lo problema presentado, mantendo inalterable o resto do contido do convenio.

Artigo 5º.-Comisión de vixilancia do convenio.

Para entender das cuestións ou reclamacións que puidesen derivarse da aplicación deste convenio, formarase unha comisión composta por un membro da parte social e un membro por parte da dirección da compañía.

A citada comisión disporá dun prazo de dez días para resolve-las cuestións que lle poidan formular. A súa decisión terá carácter vinculante para ámbalas partes.

No caso de non emitirse resolución ou de non acadarse acordo no dito prazo, ámbalas partes poderán solicita-la mediación no Servicio de Mediación, Arbi

traxe e Conciliación da Administración laboral ou facendo uso das asesorías legais que consideren oportunas.

Artigo 6º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as condicións persoais que en conxunto anual excedan das condicións establecidas no presente convenio, como garantía ad personam.

Artigo 7º.-Compensación e absorción.

As retribucións e demais condicións contidas no presente convenio, valoradas en conxunto, poderán ser compensables ata onde alcance, coas melloras e retribucións que sobre as mínimas regulamentarias e/ou obxecto de convenio ou pacto, viñese na actualidade satisfacendo a empresa, calquera que sexa o motivo, denominación, forma ou natureza das ditas melloras e retribucións, valoradas tamén no seu conxunto. A diferencia resultante entre a súa retribución persoal anualizada e a retribución establecida neste convenio, recibirase distribuída nas doce mensualidades ordinarias en concepto de adecuación convenio. Este complemento persoal incrementarase cada ano na mesma porcentaxe có salario base.

As melloras económicas e doutra índole que puidesen establecerse por disposición legal, regulamentaria, convencional ou pactada, serán absorbidas ou compensadas polas establecidas en conxunto e en cómputo anual neste convenio.

Artigo 8º.-Lexislación aplicable.

No non previsto nin regulado no presente convenio aplicarase o disposto no convenio xeral do sector publicado no BOE do 7 de marzo de 1996, Estatuto dos traballadores e demais leis de carácter xeral.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 9º.-Organización, dirección e control da actividade laboral.

É competencia única e exclusiva da dirección da empresa, de acordo co contido específico do artigo 20 do Estatuto dos traballadores e a lexislación laboral vixente, a ordenación dos recursos, a súa organización, dirección e control, todo en relación coa organización teórica e práctica do traballo, asignación de funcións e control e verificación da actividade laboral.

A organización do traballo ten como obxecto acadar nos servicios que se prestan un nivel óptimo de eficacia, utilizando axeitadamente os seus recursos materiais e contando coa colaboración do persoal.

O traballador ten a obriga de avisar á empresa así que coñeza a súa imposibilidade de asistir ó traballo, para que esta se organice adecuadamente ó servicio.

Para trasladar definitivamente a un traballador a un posto distinto ó seu habitual nos casos nos que ocorran as modificacións substanciais das condicións de traballo seguintes:

a) Xornada de traballo.

b) Horario.

c) Sistemas de traballo e rendementos.

Requirirase a conformidade do traballador afectado e, no seu defecto, a do comité de empresa ou delegado de persoal. No caso de non haber acordo, solicitarase a autorización da autoridade laboral competente.

Capítulo III

Clasificación do persoal

Artigo 10º.-Clasificación profesional.

En canto á determinación das distintas categorías profesionais consignadas no presente convenio colcetivo, son simplemente enunciativas e non supoñen a obriga de ter cubertas e provistas as categorías enumeradas, se as necesidades e a estructura determinada pola dirección da empresa non o require. Pola función profesional, o persoal encádrase nalgunha das categorías profesionais que se enumeran a seguir:

-Encargado.

-Conductor de recollida-R.S.U.

-Oficial de R.S.U.

-Oficial/conductor de limpeza viaria.

-Oficial de saneamento.

-Peón especializado de recollida-R.S.U.

-Peón especializado de limpeza viaria.

-Peón de recollida-R.S.U.

-Peón de limpeza viaria.

A relación de categorías non ten carácter exhaustivo, e a dirección da empresa poderá, de acordo coa representación legal dos traballadores, crear outras novas, suprimir algunha das existentes ou modifica-la súa denominación.

Artigo 11º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional, que se efectuará sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais do traballador, non terá outras limitacións cás esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pertenza ó grupo profesional, de acordo co contido da normativa laboral vixente en cada momento. Sen prexuízo dos dereitos económicos recoñecidos no Estatuto dos traballadores, e dentro da xornada laboral, cando sexa necesaria a realización simultánea ou sucesiva de funcións correspondentes a varios postos de traballo, que virán dadas polas necesidades dos servicios que xestionamos, poderá encomendárselle ó traballador o seu desempeño.

En caso de necesidade, a dirección poderá destina-los traballadores a postos de traballo de superior ou inferior categoría, dentro dos límites e condicións establecidos pola lei.

Capítulo IV

Contratación

Artigo 12º.-Contratación.

O ingreso ó traballo realizarase de conformidade con calquera das modalidades de contratación reguladas na lexislación laboral vixente no momento de se efectuar.

En tódolos casos deberán especificarse claramente as súas condicións, duración, xornada laboral, etc.. sendo visados polo comité de empresa ou, de se-lo caso, no momento de recibi-la copia básica.

Cando o contrato de duración determinada previsto na letra b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores, que se concerte para atender circunstancias do servicio, acumulación de tarefas, etc., a duración máxima do contrato poderá ser de 12 meses dentro dun período de 18 meses. En caso de que se concerte por un período inferior, poderá ser prorrogado mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

Artigo 13º.-Estabilidade no emprego.

Co obxecto de contribuír e garanti-lo principio de estabilidade no emprego e a absorción do persoal entre os que se sucedan, por rescisión do contrato administrativo co concello, contratos de arrendamento de servicios ou doutro tipo, nunha concreta actividade das reguladas no ámbito funcional do presente convenio colectivo, a subrogación levarase a cabo nos termos establecidos no capítulo XI, artigos 49 e seguintes do vixente convenio xeral do sector.

Capítulo V

Xornada, descanso, vacacións e ausencias

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral do persoal comprendido no ámbito do presente convenio será de 40 horas semanais, quedando establecida en cómputo anual en 1764 horas efectivas.

Artigo 15º.-Horario de traballo.

Tendo en conta a especial natureza e características dos servicios que se realizan, os horarios e quendas de traballo son facultade da empresa, que a exercerá sen outras limitacións que as derivadas do establecido no presente convenio colectivo e na lexislación vixente.

Artigo 16º.-Descanso.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a un descanso semanal de día e medio ininterrompido.

Establécese como día inhábil o día 3 de novembro, festividade de San Martiño de Porres.

Artigo 17º.-Prolongación da xornada.

Dada a peculiaridade inherente dos servicios que se levan a cabo, servicios públicos, os traballadores con funcións de conservación da rede de sumidoiros, recollida e limpeza, estarán obrigados, de acontecer circunstancias que requiran unha pronta e inmediata execución dos traballos, imposibilitando o aprazamento, suspensión ou interrupción deles, a prolonga-la súa xornada normal de traballo, sen prexuízo dos dereitos que se establecen no presente convenio.

Artigo 18º.-Vacacións.

O período vacacional será de trinta días naturais para todo o persoal afectado polo presente convenio, que leve un ano ó seu servicio, e serán retribuídas a razón de salario base, antigüidade e plus de asistencia.

A compañía establecerá as quendas de vacacións de acordo coas necesidades dos servicios, co fin de que queden atendidos en todo momento; preferentemente establécese como período de desfrute de maio a outubro. A súa distribución exporase cunha antelación de dous meses, como mínimo.

Artigo 19º.-Licencias.

1. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave e falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade e afinidade; cando, por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado de domicilio habitual.

d) O tempo necesario para a asistencia a exames ós que o traballador deba concorrer, con aviso previo e xustificación posterior.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debida en máis do vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1º do artigo 46 do Real decreto lexislativo 1/1995, Estatuto dos traballadores.

f) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

2. As ausencias ó traballo por visita a consulta médica da Seguridade Social, polo tempo empregado nisto e logo de aviso á empresa, terán o carácter de falta xustificada se se acreditan debidamente.

Estas licencias serán retribuídas co salario base, antigüidade, plus de actividade e adecuación convenio.

Artigo 20º.-Excedencia forzosa.

Os supostos de excedencia forzosa previstos na lei darán lugar ó dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade durante a súa vixencia. O reingreso solicitarase dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo que motivou a excedencia, perdéndose o dereito se se solicita transcorrido este prazo.

A duración do contrato de traballo non se verá alterada pola situación de excedencia forzosa do traballador e, no caso de chegar ó remate do contrato durante o seu transcurso, extinguirase o dito contrato, logo da súa denuncia ou aviso previo, salvo pacto en contrario.

Artigo 21º.-Excedencia voluntaria.

O traballador, con polo menos un ano de antigüidade na empresa, terá dereito a situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a un ano nin superior a cinco.

Este dereito só poderá ser exercido de novo polo mesmo traballador se transcorresen dous anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior ós tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, contados desde a data de nacemento ou adopción deste se é menor de cinco anos. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, de se-lo caos, porá fin ó que viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa, e sempre que o solicite con polo menos un mes de antelación ó termo da excedencia. No caso de excedencia para atende-lo coidado dun fillo e durante o primeiro ano a partir do seu inicio, o traballador terá dereito á reserva do seu posto de traballo e ó cómputo da antigüidade durante o tempo no que o traballador permaneza en situación de excedencia para atende-lo coidado dun fillo.

Durante o período de excedencia, o traballador non poderá presta-los seus servicios noutra empresa que se dedique á mesma actividade. Se así o fixese, perderá automaticamente o seu dereito de reingreso.

Nas excedencias pactadas aplicarase o que establezan as partes.

Capítulo VI

Condicións económicas

Artigo 22º.-Concepto retributivo.

A retribución de cada traballador está composta polo salario base do convenio e os complementos que para cada actividade e categoría se determinan na táboa salarial anexa.

Unha vez asinado o presente convenio, a empresa redistribuirá o total bruto de todos e cada un dos diferentes conceptos salariais, extrasalariais, etc., que viñese percibindo cada traballador, á estructura do presente convenio.

Artigo 23º.-Salario base.

O salario base é a retribución especificada para cada categoría profesional na táboa anexa.

Artigo 24º.-Pagamento de salario.

Tódalas percepcións, agás as de venecemento periódico superior ó mes, aboaranse mensualmente, por períodos e ata o día 5 do mes seguinte ó do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir un anticipo ó mes cunha contía non superior ó 90 % das cantidades devengadas.

Artigo 25º.-Revisión salarial.

Para os anos 1999 e 2000, os conceptos económicos incluídos na táboa salarial anexa ó presente convenio incrementaranse nun 2 %.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo Instituto Nacional de Estatística (INE) rexistrase o 31 de decembro de 1999 e 2000 un incremento superior ó 2 %, efectuarase unha revisión salarial, así que se constate oficialmente, no exceso sobre a indicada cifra.

Artigo 26º.-Complemento de antigüidade.

O persoal afectado por este convenio percibirá un complemento de antigüidade que se aboará a razón de trienios de 2.000 pesetas mensuais nas doce pagas ordinarias e nas tres extraordinarias, cun tope máximo de cinco trienios. O complemento de antigüidade comezará a devengarse a partir do mes no que se cumpra o trienio.

Artigo 27º.-Penosidade, toxicidade e perigosidade.

Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, aboaráselles unha cantidade fixa por día realmente traballado, consistente no 25 % do salario base da súa categoría profesional.

Artigo 28º.-Nocturnidade.

Tódolos traballadores que realicen a xornada entre as vintedúas e as seis horas percibirán un plus de nocturnidade por día efectivamente traballado, consistente no 25 % do salario base da súa categoría profesional.

Artigo 29º.-Plus de asistencia.

Concederáselle un plus de asistencia de 12.500 pesetas mensuais ó persoal que non tivese ningunha falta por ningún concepto durante todo o mes. No caso de faltar xustificadamente tres días durante o mes, será de 10.000 pesetas e, no caso de catro faltas xustificadas, percibirá 7.500 pesetas. Quedará excluído do dito plus o traballador que tivese cinco ou máis faltas xustificadas ou algunha inxustificada.

Para estes únicos efectos, as licencias do artigo 19.1º do presente convenio colectivo, así como os días de vacacións desfrutados illadamente non computarán como faltas.

Artigo 30º.-Horas extraordinarias.

A empresa respectará, no concernente ó número de horas extras, o estipulado nas disposicións legais vixentes. Tódalas horas que con carácter extraordinario realice o persoal comprendido neste convenio, seranlle aboadas cun incremento do 25% do valor da hora ordinaria.

Artigo 31º.-Horas extraordinarias por forza maior.

Entenderanse como horas extraordinarias por forza maior aquelas que se realicen para atender traballos imprevistos, avarías dos medios de transporte, accidentes, inclemencias climatolóxicas, ausencias imprevistas e as que, en xeral, obedezan a necesidade derivada do carácter dos servicios que se realizan, e a súa execución será obrigatoria para o traballador.

Aboaranse incrementando o valor da hora ordinaria nun 25%.

Artigo 32º.-Gratificacións extraordinarias.

Trátase dun complemento de vencemento periódico superior ó mes, e todo o persoal laboral afectado polo presente convenio colectivo, independentemente da súa categoría profesional, percibirá tres gratificacións extraordinarias aboables nos meses de marzo, xuño

e decembro, a razón de 30 días de salario base, complemento de antigüidade e plus de actividade e en proporción ó tempo traballado.

Estas pagas devengaranse durante os doce meses anteriores á data do seu aboamento, 30 de xuño, 20 de decembro e 31 de marzo, respectivamente.

Artigo 33º.-Traballos en festivos.

Todo persoal que por necesidades do servicio traballe no tempo de descanso semanal ou festivo percibirá a cantidade de 7.000 pesetas brutas por cada xornada máxima de traballo. Este aboamento realizarase no mes seguinte a aquel no que tivese lugar. No caso de coincidir dous festivos consecutivos ou días especialmente escollidos polo concello, aboarase o indicado importe en concepto de plus de festivo.

Capítulo VII

Faltas e sancións

Artigo 34º.-Facultade sancionadora.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos artigos 56 e seguintes do vixente convenio xeral do sector.

Artigo 35º.-Gradación das faltas.

As faltas cometidas polos traballadores ó servicio da empresa clasificaranse atendendo á súa importancia e circunstancias concorrentes, en leves, graves e moi graves.

Capítulo VIII

Servicios sociais

Artigo 36º.-Complementos ás prestacións de IT.

Tódolos traballadores en situación de incapacidade temporal percibirán, con independencia das prestacións económicas aboadas pola entidade xestora correspondente, os seguintes complementos:

1. No suposto de hospitalización por intervención cirúrxica, a empresa aboará un complemento que, sumado ás prestacións regulamentarias, garanta o 100% do salario base, complemento de permanencia, plus de actividade e gratificacións extraordinarias fixadas neste convenio, mentres permaneza na dita situación.

2. No caso de incapacidade laboral temporal por enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa garantirá desde o vixésimo día, o 80 % dos conceptos anteriormente citados.

3. No caso de accidente laboral con ou sen hospitalización, a empresa aboará un complemento que, sumado ás prestacións regulamentarias, garanta o 100 % dos conceptos salariais mencionados.

Artigo 37º.-Xubilación.

Establécese que a xubilación será obrigatoria cando o traballador cumpra os sesenta e cinco anos de idade, sempre e cando teña cuberto o período de carencia que establece a lexislación vixente para causar dereito á pensión de xubilación.

Artigo 38º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores afectados por este convenio e que cesen definitivamente por xubilación anticipada con carácter voluntario, percibirán as seguintes cantidades:

-Xubilación ós 60 anos: 7 mensualidades.

-Xubilación ós 61 anos: 6 mensualidades.

-Xubilación ós 62 anos: 5 mensualidades.

-Xubilación ós 63 anos: 4 mensualidades.

-Xubilación ós 64 anos: 3 mensualidades.

Así mesmo, ós traballadores que teñan cumprida a idade de sesenta e catro anos e acorden coa empresa xubilarse anticipada e voluntariamente, seralles de aplicación o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 39º.-Indemnización por accidente de traballo.

Establécese a seguinte indemnización para tódolos traballadores afectos a este convenio:

-En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez causadas por accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa aboará a cantidade de 4.500.000 pesetas.

-No suposto de morte, a indemnización establecida aboaráselle á viúva ou ó beneficiario do traballador.

A empresa concertará cunha entidade xestora de toda solvencia a correspondente póliza que garanta tal evento.

Artigo 40º.-Roupa de traballo.

Ó persoal afectado por este convenio facilitaráselle o equipamento adecuado para o desempeño dos traballos.

A dita indumentaria de traballo renovarase anualmente e será substituída cantas veces se acredite a súa necesidade.

Capítulo IX

Seguridade, hixiene e saúde laboral

Artigo 41º.-Recoñecementos médicos.

A empresa efectuará, xunto ó recoñecemento médico do ingreso dos traballadores, unha revisión médica anual destes nos servicios da mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social asociada.

Este recoñecemento ten carácter obrigatorio para tódolos traballadores afectados polo presente convenio.

Artigo 42º.-Seguridade e saúde laboral.

En cantas materias afecten á seguridade e saúde no traballo, serán de aplicación as disposicións contidas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e a súa normativa complementaria e de desenvolvemento.

Capítulo X

Acción sindical

Artigo 43º.-Representación legal dos traballadores.

A empresa recoñece e garante os dereitos sindicais do traballador de acordo coa lexislación vixente en cada momento.

Os comités de empresa ou delegado/s de persoal terán as facultades, dereitos e obrigas sinalados para eles pola Lei orgánica de liberdade sindical, pola Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 44º.-Cota sindical.

A empresa procederá a descontarlles da nómina a cota sindical a aqueles traballadores que así o soliciten, e procederá da seguinte forma:

a) O traballador interesado dirixirá escrito á dirección da empresa, facendo consta-lo seu desexo de acollerse a esta modalidade, indicando a contía da cota e a central sindical á que pertence.

b) A central sindical correspodente dirixirá escrito á empresa, informándoa da entidade bancaria e número da conta corrente na que se debe ingresa-la totalidade das cotas correspondentes á dita central.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado e sen efecto o convenio colectivo que se lles veu aplicando ós traballadores afectos ós servicios especificados no presente convenio, manifestando expresamente que as condicións establecidas actualmente, consideradas globalmente, melloran as convidas anteriormente.

Disposición derradeira

Os atrasos que se orixinen como consecuencia da aplicación retroactiva dos conceptos económicos poderán ser satisfeitos pola empresa no prazo máximo de dous meses, contados a partir da publicación do convenio no BOP.

ANEXO

Táboa salarial para 1998. O Burgo-Culleredo

CategoríasSalario

base

Toxicidade

Penosidade

Peligrosidade

NocturnidadePlus

asistencia

Total mesPagas

extras

Total ano

Encargado día96.00012.500108.50096.0001.590.000
Encargado noite R.S.U.96.00024.00024.00012.500156.50096.0002.166.000
Conductor día87.00012.50099.50087.0001.455.000
Conductor nocite R.S.U.87.00021.75021.75012.500143.00087.0001.977.000
Oficial de R.S.U.84.00021.00021.00012.500138.50084.0001.914.000
Oficial de limpeza V./conductor L.V.84.00012.50096.50084.0001.410.000
Oficial de saneamento84.00021.00012.500117.50084.0001.662.000
Peón especializado R.S.U.78.00019.50019.50012.500129.50078.0001.788.000
Peón especializado limpeza V.78.00012.50090.50078.0001.320.000
Peón recolector R.S.U.77.00019.25019.25012.500128.00077.0001.767.000
Peón limpeza V.77.00012.50089.50077.0001.305.000

8737