Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.717

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de setembro de 1998 pola que se regula o procedemento para a obtención dos títulos de competencia de mariñeiro, mariñeiro cociñeiro, radiotelefonista naval restrinxido, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os cambios tecnolóxicos experimentados nos sistemas de pesca, os maiores requirimentos sobre a seguridade no traballo a bordo, e a necesidade de transforma-lo perfil dos pescadores en xestores dun recurso natural limitado por medio dunha pesca responsable, determinan, entre outros factores, a necesidade de reactualiza-los sistemas e contidos da formación dos activos da pesca costeira e litoral.

O Decreto 428/1993, do 17 de decembro, refunde a normativa sobre formación náutico-pesqueira da Comunidade Autónoma de Galicia e regula os aspectos básicos nesta materia. Ordénanse nel as ensinanzas náutico-pesqueiras que cualifican para o exercicio das profesións relacionadas co mundo do mar, así como o marco para a autorización, organización e desenvolvemento dos cursos de formación correspondentes para as chamadas titulacións menores que se relacionan no seu anexo I.

Sen embargo o posterior Real decreto 662/1997, do 12 de maio, modifica substancialmente o cadro de titulacións habilitantes para o exercicio da actividade profesional pesqueira, simplificándoo mediante a creación dos títulos de patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente e a supresión dos de patrón de pesca local, mecánico de litoral e patrón de 2ª clase de pesca litoral.

Os programas das novas titulacións oriéntanse á formación práctica, onde a presencia do alumno é fundamental para a correcta aprendizaxe. Este carácter entra, en ocasións, en contradicción coa dispoñibilidade de tempo dos profesionais do mar para asistiren a cursos de formación tan extensos, polo que é preciso compatibilizar ámbalas dúas circunstancias. Unha das formas de solventar esta situación vén sendo a de imparti-los cursos nos portos, co que se aproxima e facilita o acceso á formación.

Faise necesario, polo tanto, adapta-lo cadro de titulacións e os procedementos e requisitos esixibles de autorización, organización e avaliación dos cursos formativos das titulacións náutico-pesqueiras de niveis iniciais e demais actividades de formación continuada, atendendo tanto ás demandas cambian

tes da realidade do sector pesqueiro costeiro e litoral coma ós requirimentos do novo marco legal.

En virtude de todo o anterior

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

A autorización, organización, desenvolvemento, control e financiamento dos cursos e actividades formativas ós que se refire esta orde correspóndelle á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, sen prexuízo do establecido no artigo 32 e seguintes do Decreto 428/1993, relativo ós cursos organizados polas entidades públicas e privadas debidamente recoñecidas e autorizadas, e demais disposicións que o desenvolvan.

Artigo 2º

Para a realización dos exames de patrón local de pesca, patrón costeiro polivalente, mariñeiro cociñeiro e radiotelefonista naval restrinxido, será preceptivo acudir a un curso autorizado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos termos establecidos nesta orde e os seus anexos.

Capítulo II

Titulacións profesionais, contidos e programas

Artigo 3º

A duración, programa e coñecementos esixibles, tanto teóricos como prácticos, e as condicións de acceso para a obtención do certificado de competencia de mariñeiro creado polo Decreto 2483/1966, así como os requisitos mínimos de equipamento e material necesarios para imparti-lo curso preparatorio son os que se establecen no anexo III desta orde.

Artigo 4º

A duración, programas e coñecementos esixibles, tanto teóricos coma prácticos, e as condicións de acceso para a obtención dos títulos de patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente, creados polo Real decreto 662/1997, así como os requisitos mínimos de equipamento e material necesarios para imparti-los cursos preparatorios son os que se establecen no anexo IV e anexo V, respectivamente, desta orde.

Artigo 5º

A duración, programa e coñecementos esixibles, tanto teóricos coma prácticos, e as condicións de acceso para a obtención do título de radiotelefonista naval restrinxido, establecido no Decreto 3654/1963, así como os requisitos mínimos de equipamento e material necesarios para imparti-lo curso

preparatorio son os que se establecen no anexo VI desta orde.

Artigo 6º

A duración, programa e coñecementos esixibles, tanto teóricos coma prácticos, e as condicións de acceso, así como os requisitos mínimos de equipamento e material necesarios, que corresponden ós cursos de capacitación para as titulacións de mariñeiro pescador ou Pescamar e mariñeiro mecánico ou Mecamar, son os que se recollen no Decreto 2483/1966, do 10 de setembro, Real decreto 3154/1979, do 23 de novembro, e na orde do Ministerio de Agricultura e Pesca do 10 de outubro de 1981.

Artigo 7º

A duración, programa e coñecementos esixibles, tanto teóricos coma prácticos, e as condicións de acceso para a obtención do certificado de competencia de mariñeiro cociñeiro creado por orde do Ministerio de Comercio do 6 de outubro de 1972, así como os requisitos mínimos de equipamento e material necesarios para imparti-lo curso preparatorio son os que se establecen no anexo VII desta orde.

Capítulo III

Organización dos cursos

Artigo 8º.-Solicitudes.

Poderán solicita-la celebración de cursos de formación as entidades colaboradoras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura debidamente recoñecidas, na solicitude do modelo normalizado recollido no anexo I.

Artigo 9º.-Autorización.

A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación autorizará, se é o caso, a celebración do curso solicitado mediante resolución expresa comunicada á entidade solicitante.

Artigo 10º.-Organización.

1. Unha vez concedido un curso, a entidade solicitante facilitará para a súa realización a aula e, se é o caso, o taller de prácticas necesarios para o seu desenvolvemento, que deberán ser inspeccionados e validados previamente pola Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

2. A entidade solicitante responsabilizarase da difusión do curso entre o colectivo potencialmente interesado da zona, así como da información e inscrición dos alumnos, da recollida da documentación preceptiva, e da limpeza e mantemento dos locais en condicións adecuadas mentres dure o curso.

3. A solicitude de inscrición dos alumnos realizarase mediante o modelo que se recolle no anexo II, á que se xuntará a documentación que corresponda en cada caso.

Artigo 11º.-Comezo do curso.

A data de comezo de curso será concertada entre a entidade colaboradora e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. É condición imprescindible ter presentada previamente a relación de alumnos inscritos e a documentación preceptiva na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Artigo 12º.-O grupo formativo.

1. Sen prexuízo do establecido no artigo 22º desta orde, a relación á que se refire o artigo anterior terá carácter definitivo unha vez rexistrada na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

2. O número mínimo de alumnos para autorizar un curso será de 15.

3. Malia o expresado no punto anterior, poderanse autorizar e organizar cursos dunha determinada titulación cun número de alumnos inferior a 15 se no ano anterior non se realizase ningún curso desa titulación na localidade para a que se solicite.

Artigo 13º.-Gratuidade.

A matrícula e a participación nos cursos será gratuíta para tódolos inscritos. Non se admitirá o cobramento por parte da entidade colaboradora de ningunha cantidade pola impartición do curso.

Capítulo IV

O profesorado

Artigo 14º.-Formación, habilitación e contratación.

A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación habilitará o profesorado especializado para imparti-los cursos de formación continuada regulados nesta orde, a través dun proceso de selección e formación axeitado ás súas necesidades.

Para imparti-los cursos a consellería contratará, por calquera das modalidades establecidas pola lei, os servicios de profesores habilitados mediante este proceso formativo.

Artigo 15º.-Sistema de control e seguimento.

A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación establecerá un sistema de control e seguimento da calidade da formación mediante diversos soportes documentais, nos que se recadará información de profesores e alumnos. Estes documentos incorporaranse ó expediente do curso.

Capítulo V

Desenvolvemento do curso

Artigo 16º.-Asistencia.

A asistencia ós cursos por parte dos alumnos matriculados será obrigatoria nos termos que se estableza regulamentariamente. O incumprimento desta obriga será motivo de baixa no curso.

Artigo 17º.-Prácticas sometidas a autorización previa.

As prácticas que impliquen o embarque e a navegación a bordo dun buque, así como aqueloutras nas que se empreguen medios de seguridade que puidesen causar falsas alarmas, requirirán a autorización previa da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación e a da Capitanía Marítima correspondente. No primeiro destes supostos, os alumnos/as e profesores/as deberán levar posto o chaleco salvavidas.

Artigo 18º.-Inspección.

Co fin de garantir nas ensinanzas obxecto desta orde o nivel de calidade necesario, a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación establecerá un sistema de seguimento e inspección das diversas actividades formativas. Para tal fin os cursos poderán ser inspeccionados e supervisados por persoal funcionario da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. O informe de cada inspección realizada incorporarase ó expediente do curso.

Capítulo VI

Exames

Artigo 19º.-Obriga de exame.

Para a obtención dos certificados de aptitude necesarios para tramita-la tarxeta de identidade profesional marítima de cada unha das titulacións citadas nesta orde, será preciso supera-lo exame correspondente perante un tribunal formado por persoal docente marítimo-pesqueiro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Artigo 20º.-Designación do tribunal.

A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, por proposta do director do centro de ensinanzas náutico-pesqueiras correspondente, determinará o lugar, hora e data dos exames e nomeará os membros do tribunal cualificador ó que se refire o artigo anterior.

Artigo 21º.-Composición do tribunal.

A composición do tribunal cualificador para cada unha das titulacións establecidas nesta orde é a que se recolle no anexo VIII.

Artigo 22º.-Dereito ó exame.

1. Só se poderán presentar ó exame final os/as alumnos/as do curso que figuren na lista definitiva elaborada pola Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, á vista das incidencias (altas, baixas, exclusións, ...) producidas ó longo del, de acordo co procedemento e requisitos que se establezan en desenvolvemento desta orde e que, en calquera caso, incluirán o informe expreso do profesor/a.

2. No caso de que un/a alumno/a que realizase un curso con aproveitamento e asistencia non puidese presentarse ó exame final por causa de forza

maior debidamente xustificada documentalmente, poderá ser admitido/a, no prazo dun ano, e de acordo co procedemento que se estableza, ó exame final doutro curso análogo sen necesidade de asistir a el.

Artigo 23º.-Exame de natación.

1. Os alumnos que se presenten ó exame do curso de competencia de mariñeiro deberán supera-la proba de natación, que é de carácter eliminatorio, perante o tribunal.

2. A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación poderá realizar probas de natación de carácter aberto nos portos, e poderá expedir certificacións que acrediten que se superou a dita proba. Esta certificación poderá xuntarse, se é o caso, ó expediente persoal do alumno, que quedará eximido de realizar unha nova proba, facéndose constar esta circunstancia na acta do exame.

Artigo 24º.-Criterios de valoración.

1. O tribunal valorará os coñecementos que o aspirante acredite no exame de carácter teórico e, se é o caso, de carácter práctico, de acordo co establecido na presente orde e as instruccións emanadas da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

2. O tribunal terá en conta, como criterio de cualificación, as valoracións dos profesores sobre o aproveitamento individual de cada alumno durante o curso preparatorio.

3. Nos exames de patrón local de pesca valorarase o coñecemento práctico da área de pesca que corresponda, polo que os exercicios de navegación se realizarán sobre unha carta da zona.

Artigo 25º

O tribunal cualificador expedirá as actas do exame e os correspondentes certificados de aptitude, que serán enviados á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Os certificados dos alumnos e alumnas que superasen o exame seranlles entregados ben directamente ou ben, se é o caso, a través da entidade ou organización que solicitase o curso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para dicta-las resolucións necesarias para o desenvolvemento desta disposición.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246 do 22-12-1997)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

ANEXO III

1. Denominación do curso: competencia de mariñeiro.

2. Duración mínima: 60 horas. Se se imparte conxuntamente a formación que corresponde ó certificado de supervivencia no mar, 1º nivel, (establecido na orde do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións do 29 de marzo de 1990, modificada pola orde do Ministerio de Obras Públicas e Transportes do 31 de xullo de 1992), a duración conxunta total será de 80 horas, das que polo menos 10 serán de prácticas na auga.

3. Requisitos para acceder ó curso:

a) Ter cumpridos os 16 anos de idade.

b) Estar en posesión da cartilla de inscrición marítima.

c) Estar en posesión do certificado de escolaridade, do graduado escolar ou do graduado en educación secundaria.

4. Documentación que se debe xuntar á solicitude.

a) Fotocopia do DNI.

b) Dúas fotos tamaño carné.

c) Fotocopia da 1ª folla da cartilla de inscrición marítima, onde figura o folio.

d) Fotocopia do certificado de escolaridade, do título de graduado escolar, ou do título de graduado en educación secundaria.

e) Certificado médico ou fotocopia da folla da cartilla de inscrición marítima onde figure o recoñecemento médico en vigor.

(As fotocopias dos documentos presentados deberán ser compulsadas ou cotexadas na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou na Confraría de Pescadores que corresponda).

5. Titulación mínima do profesor.

-Patrón de pesca de altura, mecánico naval maior, ou piloto de 1ª clase da Mariña Mercante.

-1º nivel de contraincendios e supervivencia no mar.

-No caso de impartirse supervivencia no mar 1º nivel, será necesario que o profesor estea en posesión, cando menos, do certificado de supervivencia no mar 2º nivel. Así mesmo, para as prácticas na auga será preceptiva a presencia dun monitor auxiliar do profesor.

6. Programa. Contidos mínimos.

6.1. De carácter teórico.

Unidade didáctica 1: Nomenclatura das distintas partes dun buque.

Unidade didáctica 2: Elementos fixos e móbiles.

Unidade didáctica 3: Manobras dos cabos.

Unidade didáctica 4: Manobra de fondeo, ordes durante a súa realización.

Unidade didáctica 5: Comportamento nos labores de serviola e vixilancia.

Unidade didáctica 6: Conservación da madeira e o ferro.

Unidade didáctica 7: Precaucións xerais durante a realización das distintas actividades para previ-los accidentes.

Unidade didáctica 8: Cadro orgánico: cometidos que recolle.

Unidade didáctica 9: Coñecementos básicos da regulamentación laboral vixente.

Unidade didáctica 10: Coñecementos básicos sobre formación laboral.

Unidade didáctica 11: Recursos pesqueiros.

Unidade didáctica 12: Hixiene persoal e do buque. Conservación, manipulación e estiba do peixe.

Unidade didáctica 13: Orientación laboral.

Unidade didáctica 14: Dispositivos de salvamento normalmente utilizados nos buques.

Unidade didáctica 15: Supervivencia no mar.

Unidade didáctica 16: Primeiros auxilios.

Unidade didáctica 17: Loita contra incendios.

6.2. De carácter práctico.

6.2.1. Formación mariñeira:

-Prácticas con cabos.

-Manexo de quindastres, máquinas e aparellos.

-Manipulación e estiba do peixe.

-Prácticas de mantemento e limpeza do buque e outras complementarias.

6.2.2. Seguridade:

Supervivencia e salvamento:

-Uso do chaleco salvavidas.

-Coñecemento das balsas e embarcacións de supervivencia e o seu uso.

-Natación de socorrismo.

-Supervivencia no mar.

Loita contra incendios:

-Uso dos equipos de protección persoal e equipos respiratorios autónomos.

-Coñecemento práctico dos equipos manuais (mangas, lanzas, boquillas de escuma, mesturadores, extintores, alarmas, etc...).

-Manexo do extintor.

En calquera caso, se se imparte conxuntamente a formación que corresponde ó certificado de supervivencia no mar 1º nivel, este programa mínimo verase incrementado en todos aqueles aspectos non recollidos nos puntos anteriores e que formen parte do temario do dito certificado, tal como se recolle na orde do Ministerio de Obras Públicas e Transportes do 31 de xullo de 1992

7. Material mínimo necesario.

7.1. Material didáctico e audiovisual: encerado, retroproxector, vídeo.

7.2. Material de prácticas:

-1 balsa salvavidas completa.

-15 chalecos salvavidas homologados de diferentes modelos.

-2 extintores de po seco.

-1 extintor de CO.

-2 aros salvavidas ( alomenos un con boia de acendido automático ).

-1 lanzacabos.

-1 caixa de urxencias.

-1 mangueira racorada con lanza.

-1 compás mariño.

-1 rizón.

-Material pirotécnico de seguridade: 2 foguetes con paracaídas, 2 botes de fume, dúas bengalas de man.

-1 motón.

-1 cadernal.

-1 pasteca.

-1 grillón xiratorio.

-1 traxe de supervivencia.

-1 equipo de respiración autónoma.

7.3. Material para manobras de cabos e outras manobras a bordo.

-Cabo de diversas menas.

ANEXO IV

1. Denominación do curso: patrón local de pesca.

2. Duración mínima: 250 horas.

3. Requisitos para acceder ó curso:

a) Ter cumpridos os 17 anos de idade.

b) Estar en posesión da cartilla de inscrición marítima.

c) Estar en posesión do certificado de competencia de mariñeiro.

4. Documentación que se debe xuntar á solicitude:

a) Fotocopia do DNI.

b) Dúas fotos tamaño carné.

c) Fotocopia 1ª folla da cartilla de inscrición marítima onde figure o folio.

d) Fotocopia do certificado de competencia de mariñeiro.

e) Certificado médico, ou fotocopia da cartilla onde figure este.

(As fotocopias dos documentos presentados deberán ser compulsadas ou cotexadas na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou na Confraría de Pescadores que corresponda.)

5. Titulación mínima do profesor.

5.1. Seccións de ponte e común:

-Patrón de pesca de altura, ou piloto de 1ª clase da Mariña Mercante, con experiencia na formación pesqueira.

-Certificado de contraincendios 1º nivel.

-Certificado de supervivencia 1º nivel.

-Radiotelefonista naval restrinxido.

5.2. Sección de máquinas:

-Mecánico naval maior.

6. Programa. Contidos mínimos.

6.1. Sección ponte (90 horas).

6.1.1. Pesca.

Módulo 1.-Lexislación pesqueira.

Unidade didáctica 1.-Nocións de lexislación pesqueira autonómica.

Unidade didáctica 2.-Documentación dos buques.

Módulo 2.-Pesca marítima.

Unidade didáctica 3.-Artes e aparellos utilizados na zona.

Unidade didáctica 4.-Nocións de bioloxía pesqueira.

Unidade didáctica 5.-Manipulación, estiba e conservación do peixe a bordo.

6.1.2. Navegación.

Módulo 3.-Navegación.

Unidade didáctica 6.-Conceptos fundamentais para a navegación.

Unidade didáctica 7.-Estima e situación sobre a carta.

Unidade didáctica 8.-Axudas á navegación.

Módulo 4.-Manobra, regulamentos e sinais.

Unidade didáctica 9.-Regulamento internacional para previ-las abordaxes no mar.

Unidade didáctica 10.-Balizamento, luces e marcas da zona.

Unidade didáctica 11.-Sinais dunha soa letra do CIS.

Módulo 5.-Meteoroloxía e oceanografía.

Unidade didáctica 12.-Coñecementos xerais sobre a meteoroloxía e oceanografía da zona.

Módulo 6.-Comunicacións.

Unidade didáctica 13.-Coñecementos básicos dos procedementos radiotelefónicos en VHF.

Módulo 7.-Prácticas de cuberta:

1) Prácticas de goberno

2) Montura e reparación de aparellos

6.2. Sección común ponte-máquinas (40 horas).

6.2.1. Seguridade integral, lexislación laboral e conservación dos recursos.

Módulo 8.-Teoría do buque.

Unidade didáctica 14.-Nocións de estabilidade aplicada a buques pesqueiros.

Módulo 9.-Seguridade e supervivencia.

Unidade didáctica 15.-Precaucións antes de saír ó mar. Equipamento obrigatorio. Navegación en condicións adversas.

Unidade didáctica 16.-Situacións de emerxencia.

Unidade didáctica 17.-Abandono e supervivencia.

Módulo 10.-Primeiros auxilios.

Unidade didáctica 18.-Coñecementos básicos de primeiros auxilios a bordo.

Módulo 11.-Lexislación laboral.

Unidade didáctica 19.-Nocións sobre lexislación laboral para buques de pesca.

Módulo 12.-Contaminación e conservación dos recursos.

Unidade didáctica 20.-Pesca responsable.

Unidade didáctica 21.-Prevención da contaminación.

6.3. Sección máquinas (120 horas).

Módulo 12.-Motores de combustión interna.

Unidade didáctica 22.-Definición, clasificación e partes dos motores de combustión interna.

Unidade didáctica 23.-Ciclo de traballo dos motores diésel.

Unidade didáctica 24.-Sistemas de admisión, inxección e escape nos motores diésel.

Unidade didáctica 25.-Combustibles e lubricantes.

Unidade didáctica 26.-Sistemas de engraxamento, refrixeración e alimentación de combustible.

Unidade didáctica 27.-Arranque e inversión de marcha nos motores.

Unidade didáctica 28.-Instalación dos motores propulsores a bordo.

Unidade didáctica 29.-Conducción, mantemento e avarías dos motores diésel.

Módulo 13.-Electricidade básica.

Unidade didáctica 29.-Nocións sobre magnitudes e circuítos.

Unidade didáctica 30.-Baterías. Conservación e mantemento de baterías e cadros eléctricos.

Módulo 14.-Servicios auxiliares.

Unidade didáctica 31.-Hidráulica básica.

Módulo 15.-Prácticas de taller.

1) Recoñecemento e uso de ferramentas.

2) Desmontaxe e montaxe dun motor diésel completo.

3) Preparación do motor para o arranque e para realizar unha travesía.

4) Cambio de filtros de aceite.

5) Posta a punto da bomba de inxección e regraxe de válvulas.

6) Verificación sobre o motor do correcto funcionamento dun inxector.

7) Montaxe sobre un panel dun circuíto eléctrico elemental.

8) Acoplamento e verificación do estado de carga de baterías.

7. Material mínimo necesario.

7.1. Material didáctico: encerado, retroproxector, vídeo.

7.2. Material prácticas de navegación: transportador, regra, compás, cartas da zona, compás magnético, aparellos de axuda á navegación.

7.3. Material de prácticas de seguridade: balsa salvavidas completa, chalecos salvavidas, material pirotécnico de seguridade.

7.4. Material de prácticas de pesca: mostra de artes e aparellos usados no porto.

7.5. Material de prácticas de taller mecánico: un motor diésel completo, un motor para despezamento, unha motobomba centrífuga, un alternador, equipo de ferramentas para taller mecánico, equipo de ferramentas eléctricas, material eléctrico básico.

ANEXO V

1. Denominación curso: patrón costeiro polivalente.

2. Duración mínima: 600 horas.

3. Requisitos para acceder ó curso:

a) Ter cumpridos os 17 anos de idade.

b) Estar en posesión da cartilla de inscrición marítima.

c) Estar en posesión do certificado de competencia de mariñeiro.

d) Estar en posesión do graduado escolar, ou do graduado en ensino secundario ou do certificado de ter superado o exame de patrón local de pesca.

4. Documentación que hai que presentar coa solicitude.

a) Fotocopia do DNI.

b) Dúas fotos tamaño carné.

c) Fotocopia 1ª folla da cartilla de inscrición marítima onde figure o folio.

d) Fotocopia do certificado de competencia de mariñeiro.

e) Certificado médico, ou fotocopia da folla da cartilla onde figure este.

f) Título de graduado escolar, ou de ensino secundario ou de patrón local de pesca. Neste último caso aceptarase o certificado acreditativo de ter superado o exame.

(As fotocopias dos documentos presentados deberán ser compulsadas ou cotexadas na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou na Confraría de Pescadores que corresponda ).

5. Titulación mínima do profesor.

5.1. Seccións de ponte e común:

-Patrón de pesca de altura, ou piloto de 1ª clase da Mariña Mercante, con experiencia na formación pesqueira.

-Certificado de contraincendios 1º nivel.

-Certificado de supervivencia 1º nivel.

-Radiotelefonista naval restrinxido.

5.2. Sección de máquinas:

-Mecánico naval maior.

6. Programa. Contidos mínimos.

6.1. Sección ponte (290 horas).

6.1.1. Pesca.

Módulo 1.-Lexislación marítimo-pesqueira.

Unidade didáctica 1.-Espacios marítimos. Zona marítimo-terrestre.

Unidade didáctica 2.-Autoridades da mariña e división territorial.

Unidade didáctica 3.-Lexislación pesqueira, comunitaria, nacional e autonómica.

Unidade didáctica 4.-Trámite de documentos relativos á embarcación.

Unidade didáctica 5.-Despacho do buque.

Módulo 2.-Pesca marítima.

Unidade didáctica 6.-Pesca responsable.

Unidade didáctica 7.-Bioloxía pesqueira e medio mariño.

Unidade didáctica 8.-Tecnoloxía pesqueira.

Unidade didáctica 9.-Manipulación da pesca.

Unidade didáctica 10.-Conservación da pesca.

6.1.2. Navegación.

Módulo 3.-Navegación.

Unidade didáctica 11.-Esfera terrestre.

Unidade didáctica 12.-Cartas náuticas.

Unidade didáctica 13.-Magnetismo e agulla náutica.

Unidade didáctica 14.-Navegación costeira.

Unidade didáctica 15.-Instrumentos usados na navegación costeira.

Unidade didáctica 16.-Marea.

Unidade didáctica 17.-Axudas á navegación.

Módulo 4.-Manobra, regulamentos e sinais.

Unidade didáctica 18.-Estabilidade aplicada a buques pesqueiros.

Unidade didáctica 19.-Conservación do buque.

Unidade didáctica 20.-Manobras.

Unidade didáctica 21.-Regulamento internacional para previ-las abordaxes no mar.

Módulo 5.-Meteoroloxía e oceanografía.

Unidade didáctica 22.-Variables meteorolóxicas.

Unidade didáctica 23.-Fenómenos meteorolóxicos.

Unidade didáctica 24.-Oceanografía.

Módulo 6.-Comunicacións.

Unidade didáctica 25.-Procedementos radiotelefónicos.

Unidade didáctica 26.-Busca e salvamento (MERSAR).

Unidade didáctica 27.-Inglés marítimo básico: vocabulario da IMO.

6.2. Sección común ponte/máquinas (60 horas).

6.2.1. Seguridade integral, lexislación laboral e ambiente.

Módulo 7.-Construcción naval e teoría do buque.

Unidade didáctica 28.-Construcción naval.

Unidade didáctica 29.-Teoría do buque.

Módulo 8.-Seguridade e supervivencia.

Unidade didáctica 30.-Situacións de emerxencia.

Unidade didáctica 31.-Dispositivos de seguridade.

Unidade didáctica 32.-Normas para a supervivencia.

Módulo 9.-Hixiene e primeiros auxilios.

Unidade didáctica 33.-Reanimación.

Unidade didáctica 34.-Curas de urxencia.

Unidade didáctica 35.-Salvamento de náufragos.

Módulo 10.-Lexislación laboral.

Unidade didáctica 36.-Nocións de lexislación laboral no ámbito marítimo pesqueiro.

Módulo 11.-Preservación do medio mariño.

Unidade didáctica 37.-Prevención e efectos da contaminación.

6.3. Sección de máquinas (250 horas).

Módulo 12.-Motores de combustión interna.

Unidade didáctica 38.-Principio de funcionamento e clasificación xeral dos motores de combustión interna (m.c.i.).

Unidade didáctica 39.-Elementos constructivos dos m.c.i.

Unidade didáctica 40.-Terminoloxía empregada nos m.c.i.

Unidade didáctica 41.-Combustión. Combustibles.

Unidade didáctica 42.-Ciclos de funcionamento do motor diésel.

Unidade didáctica 43.-Sistemas de alimentación de aire e escape nos motores diésel.

Unidade didáctica 44.-Sistema de alimentación e inxección do combustible nos motores diésel.

Unidade didáctica 45.-Lubricación. Clases de lubricantes.

Unidade didáctica 46.-Refrixeración.

Unidade didáctica 47.-Arranque e inversión de marcha.

Unidade didáctica 48.-Instalación dos motores propulsores a bordo.

Unidade didáctica 49.-Conducción e mantemento dos motores diésel.

Módulo 13.-Electricidade básica.

Unidade didáctica 50.-Principios, circuítos e magnitudes.

Unidade didáctica 51.-Baterías e xeradores. Coidados e mantemento.

Unidade didáctica 52.-Cadros eléctricos.

Módulo 14.-Servicios do buque.

Unidade didáctica 53.-Hidráulica básica.

Unidade didáctica 54.-Sistemas de goberno.

Unidade didáctica 55.-Sistema de achique, baldeo e contraincendios.

Módulo 15.-Prácticas de taller.

1) Recoñecemento e uso de ferramentas.

2) Desmontaxe e montaxe dun motor diésel completo.

3) Preparación do motor para o arranque e para realizar unha travesía.

4) Cambio de aceite e filtros de motor.

5) Regraxe de válvulas e comprobación da posta a punto.

6) Verificación sobre o motor do correcto funcionamento dun inxector. Verificación e timbrado sobre bomba de probas.

7) Esmerilado de válvulas.

8) Cambio de retén dunha bomba centrífuga.

9) Cambio de vasoiriñas dun xerador ou motor eléctrico.

10) Montaxe sobre un panel dun circuíto eléctrico elemental.

11) Acoplamento e verificación do estado de carga de baterías.

12) Manexo da máquina de soldadura eléctrica.

13) Montaxe e desmontaxe dos elementos dun circuíto hidráulico.

7. Material mínimo necesario.

7.1. Material didáctico: encerado, retroproxector, vídeo.

7.2. Material de prácticas de navegación: transportador, regra 340 cm, compás, cartas do estreito de Xibraltar, compás magnético, aparellos de axuda á navegación.

7.3. Material de prácticas de seguridade: balsa salvavidas completa, chalecos salvavidas, material pirotécnico de seguridade.

7.4. Material de prácticas de pesca: mostra de artes e aparellos usados no porto.

7.5. Material de prácticas de taller mecánico: un motor diésel completo, dous ou máis motores para despezamento, unha motobomba centrífuga, un alternador, equipo completo de ferramentas para taller mecánico, equipo de ferramentas eléctricas, material eléctrico (baterías, cables, amperímetro, voltímetro, watímetro, fusibles, interruptor, resistencias variables, etc.), unha instalación hidráulica básica (depósito, filtro, bomba, válvula distribuidora, motor, cilindro, válvula reguladora de presión, válvula reguladora de caudal, manómetro, etc ).

ANEXO VI

1. Denominación curso: radiotelefonista naval restrinxido.

2. Duración mínima: 30 horas.

3. Requisitos para acceder ó curso:

a) Ter cumpridos os 17 anos de idade.

b) Estar en posesión da cartilla de inscrición marítima, onde figura o folio.

c) Estar en posesión do certificado de competencia de mariñeiro.

4. Documentación que se debe xuntar á solicitude.

a) Dúas fotos tamaño carné.

b) Fotocopia da 1ª folla da cartilla de inscrición marítima, onde figura o folio.

c) Fotocopia do certificado de competencia de mariñeiro.

d) Certificado médico ou fotocopia da folla da cartilla de inscrición marítima onde figure o recoñecemento médico en vigor.

(As fotocopias dos documentos presentados deberán ser compulsadas ou cotexadas na Delegación Territorial da Consellería de Pesca Marisqueo e Acuicultura ou na Confraría de Pescadores que corresponda.)

5. Titulación mínima do profesor.

-Patrón de pesca de altura, ou piloto de 1ª clase da Mariña Mercante.

-Radiotelefonista naval restrinxido.

6. Programa. Contidos mínimos.

6.1. De carácter teórico.

Unidade didáctica 1: Introducción: o operador radiotelegrafista.

Unidade didáctica 2: Ondas electromagnéticas.

Unidade didáctica 3: O transmisor e receptor dun equipo.

Unidade didáctica 4: Servicios de comunicacións radiomarítimas e documentos obrigatorios.

Unidade didáctica 5: Precaucións e recomendacións.

Unidade didáctica 6: Procedementos.

Unidade didáctica 7: Socorro.

Unidade didáctica 8: Urxencia e seguridade.

6.2. De carácter práctico.

1) Exercicios prácticos sobre frecuencia e lonxitude de onda.

2) Exercicios de interpretación de siglas.

3) Exercicios de interpretación de mensaxes.

4) Exercicios de soletreo de mensaxes.

5) Prácticas de mensaxes de socorro, urxencia e seguridade.

7. Material mínimo necesario.

7.1. Material didáctico: encerado, retroproxector, vídeo.

7.2. Material de prácticas: 2 equipos de VHF con antena artificial, un deles fixo e outro portátil, coas súas correspondentes fontes de alimentación.

ANEXO VII

1. Denominación do curso: certificado de mariñeiro-cociñeiro.

2. Duración mínima: 90 horas.

3. Requisitos para acceder ó curso:

a) Ter cumpridos os 17 anos de idade.

b) Estar en posesión da cartilla de inscrición marítima.

c) Estar en posesión do certificado de competencia de mariñeiro.

4. Documentación que se debe xuntar á solicitude:

a) Dúas fotos tamaño carné.

b) Fotocopia da 1ª folla da cartilla de inscrición marítima, onde figura o folio.

c) Fotocopia do certificado de competencia de mariñeiro.

d) Certificado médico ou fotocopia da folla da cartilla de inscrición marítima onde figure o recoñecemento médico en vigor.

(As fotocopias dos documentos presentados deberán ser compulsadas ou cotexadas na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou na Confraría de Pescadores que corresponda ).

5. Titulación mínima do profesor.

-Técnico medio en cociña e pastelería ou titulado FP 2º grao en hostelería (especialidade en cociña).

6. Programa. Contidos mínimos.

6.1. De carácter teórico.

Unidade didáctica 1: xeneralidades sobre a ciencia alimentaria: os alimentos, táboa de valores nutritivos, combinacións dietéticas.

Unidade didáctica 2: normas básicas hixiénico-sanitarias.

Unidade didáctica 3: manipulación e control de alimentos a bordo. Condicións de almacenamento na despensa.

Unidade didáctica 4: rendemento dos principais xéneros que se van empregar: introducción ó estudio de minutas e elaboración de menús.

Unidade didáctica 5: abastecemento de xéneros para unha marea: cálculos para un aprovisionamento previo.

Unidade didáctica 6: condicionantes do espacio e medios culinarios a bordo.

6.2. De carácter práctico.

1) Elaboración de 14 menús diferentes.

7. Material e equipamento mínimo necesario.

A estancia para desenvolvemento do curso deberá reuni-los requisitos hixiénico sanitarios prescritos na normativa de aplicación. Contarase ademais co material mínimo seguinte:

-1 cociña semi-industrial a gas ou eléctrica con forno, 2 fogóns e 1 prancha.

-Marmitas, rondóns, placas de forno, placa rustrideira, tixolas, cazos, paellas, de capacidade suficiente para elaboración de menús para quince persoas.

-2 táboas de polietileno e suficientes utensilios de cociña en materiais que garantan unha perfecta hixiene.

ANEXO VIII

Composición dos tribunais cualificadores

1. Tribunais de competencia de mariñeiro.

-Un presidente.

-Un secretario.

-Un vocal.

Un dos membros do tribunal, polo menos, deberá ter titulación profesional en ponte.

2. Tribunais de patrón local de pesca.

-Un presidente

-Un secretario.

-Un vocal para a sección de ponte e común, que estará en posesión de titulación profesional de ponte.

-Un vocal para a sección de máquinas con titulación profesional de máquinas ou profesor de prácticas de taller desta área.

Un dos membros do tribunal, polo menos, será capitán de pesca.

3. Tribunais de patrón costeiro polivalente.

-Un presidente.

-Un secretario.

-Dous vocais para as seccións de ponte e común, que deberán estar en posesión de titulación profesional de ponte.

-Un vocal para a sección de máquinas, que deberá estar en posesión da titulación profesional en máquinas.

-Un vocal para o exame práctico da sección de máquinas, que deberá exercer como profesor de prácticas nesta área.

Un dos membros do tribunal, polo menos, será capitán de pesca.

4. Tribunais de radiotelefonista naval restrinxido.

-Un presidente.

-Un secretario.

-Un vocal.

Un dos membros do tribunal, polo menos, estará en posesión dunha titulación profesional de radio ou dunha titulación profesional en ponte.

8636