Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.712

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

CONVOCATORIA do concurso das obras de electrificación do parque empresarial de Begonte.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto técnico e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sitas na praza de Santo Domingo, nº 6-5º dás 11 ás 14 horas, de luns a venres, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

As proposicións económicas e demais documentación esixida para concursar, conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas nas oficinas de Xestur Lugo, ata as 14 horas do décimo (10) día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, ou o inmediato hábil seguinte se o décimo día natural cadra en sábado, domingo ou festivo.

No se admitirán ofertas por correo.

A apertura das proposicións económicas, en acto público, efectuarase na sala de xuntas de Xestur Lugo, ás 14 horas do terceiro día hábil seguinte contado desde o último fixado para a presentación das proposicións.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Jorge Carballeira Fernández

Director-xerente de Xestur Lugo