Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.711

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 11 de setembro de 1998 polo que se anuncia a convocatoria, en réxime de provisión temporal, das prazas correspondentes ás secretarías dos xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia que se citan (Ordes e nove máis).

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día de hoxe, e de acordo co previsto na Lei orgánica do poder xudicial,

en uso das autorizacións outorgadas pola Secretaría Xeral de Xustiza, acordou convocar concurso para cubrir prazas, en réxime de provisión temporal, de secretarías de xulgados, conforme as seguintes bases:

Primeira.-As prazas que se van cubrir corresponden ás secretarías dos xulgados de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e Padrón na provincia da Coruña; A Fonsagrada e Viveiro número dous na provincia de Lugo; O Carballiño número dous e A Pobra de Trives na provincia de Ourense e Marín número dous, Lalín número un, Lalín número dous e Tui número un na provincia de Pontevedra.

Segunda.-Poderán tomar parte neste concurso aqueles solicitantes que, o día no que remate o prazo de admisión, cumpran os requisitos de seren licenciados en dereito e os demais que se esixen para o ingreso no corpo de secretarios xudiciais.

Terceira.- Para a adxudicación destas prazas terase en conta a preferencia que establece o artigo 482.1º de Lei orgánica do poder xudicial, aplicándolles ós secretarios o devandito precepto, de conformidade co artigo 38 do Regulamento do corpo de secretarios xudiciais.

Cuarta.-Os concursantes nomeados quedarán suxeitos durante o tempo en que desempeñen o cargo ó Estatuto xurídico do corpo de secretarios xudiciais e terán dereito a percibi-las remuneracións regulamentarias.

Quinta.-Os nomeamentos serán por un ano, que se poderá prorrogar por outro máis, conforme o mesmo procedemento, e os designados cesarán polas causas que establece o artigo 433 da devandita lei orgánica ou se as prazas que están a desempeñar fosen ocupadas por funcionarios en servicio activo pertencentes ó corpo de secretarios xudiciais.

Sexta.-Os que desexen tomar parte neste concurso poderán dirixi-las súas instancias ó presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia(edificio da Audiencia Provincial da Coruña, rúa Capitán Juan Varela s/n, 15071 A Coruña), mediante a súa presentación na Secretaría de Goberno do devandito tribunal, ou utilizando calquera das modalidade prevists no artigo 38 da Lei de procedemento administrativo, dentro do prazo de dez días naturais a partir da publicación desta convocatoria. As instancias e documentos presentaranse por duplicado, facéndose consta-los seguintes datos:

a) Nome, apelidos, idade, copia do documento nacional de identidade, enderezo e teléfono.

b) Manifestación expresa de que o solicitante reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nesta convocatoria, con referencia á data en que expire o prazo de presentación de instancias, e tamén de que se compromete a presta-lo xuramento ou promesa que establece o artigo 318 da Lei orgánica do poder xudicial e de non estar incurso en ningunha das

causas de incompatibilidade ás que se refiren os artigos 389 e seguintes en relación co 471 da devandita lei.

c) Indicación concreta da praza ou prazas, por orde de preferencia, á que aspiren de entre as convocadas a concurso.

d) Relación de méritos, que se considere oportuno alegar, determinantes de preferencia coa documentación xustificativa do expediente académico universitario do solicitante.

e) Compromiso de tomar posesión da praza na que sexa nomeado nos prazos previstos polas disposicións legais, unha vez prestado o xuramento ou promesa mencionado.

A Coruña, 11 de setembro de 1998.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente

8667