Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1998 pola que se declara a compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Vicedo coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado, titularidade de Cuarzos Industriales, S.A. e se declara a utilidade pública das instalacións autorizadas mediante resolución da Dirección Xeral de Industria do 12 de maio de 1998.

Examinado o expediente incoado con data do 15 de xuño de 1998 pola Dirección Xeral de Industria, para determina-la compatibilidade ou prevalencia, se é o caso, entre os dereitos mineiros titularidade de Cuarzos Industriales, S.A. e as instalacións do parque eólico Vicedo, autorizadas pola citada Dirección Xeral de Industria mediante Resolución do 12 de maio de 1998 en beneficio de Eurovento S.L., resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 22 de maio de 1997, Guillermo Briones Godino, en nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Vicedo, de 24,6 MW, presentando a documentación regulamentariamente establecida para o efecto.

Segundo.-O 21 de novembro de 1997, Eurovento, S.L. Unipersonal, como titular do plan eólico denominado Pee Seawest, solicitou o recoñecemento como

instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica, ó abeiro do previsto no Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, xa citado, para determinados parques que se implantaría como consecuencia do desenvolvemento do citado plan eólico, entre os que figura o parque eólico do Vicedo, recoñecemento que se efectúa mediante resolución da Dirección Xeral de Industria do 24 de novembro de 1997.

Terceiro.-O proxecto, coa relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, foi sometido a información pública mediante Resolución do 18 de decembro de 1997, para os efectos previstos no artigo 25.3º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, no artigo 10 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, no artigo 9 do Decreto 2617, do 20 de outubro, e no artigo 13 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Cuarto.-Con data do 25 de febreiro, 29 de setembro e 21 de outubro de 1997, Roberto Almuiña Díaz, en nome e representación de Cuarzos Industriales, S.A., presenta escrito de alegacións, manifestando, en síntese que a súa representada é titular de diversos dereitos mineiros omitidos na resolución pola que se somete a información pública a solicitude en cuestión, sinalando ó respecto a concesión de explotación Conchitina nº 4980 e o permiso de investigación Conchitina 2 nº 5701, e solicitando, in fine, que se desestime a solicitude de autorización do parque eólico e a declaración da súa utilidade pública, por coincidir en parte a localización física dos dereitos mineiros e o proxecto de instalación daquel.

Quinto.-O 12 de maio de 1998, a Dirección Xeral de Industria resolve: 1º) autorizar a Eurovento, S.L. Unipersonal a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Vicedo, nos termos municipais do Vicedo e Viveiro, e aproba-lo proxecto de execución da citada instalación, e 2º) declara-la utilidade pública das instalacións que se autorizan dentro do polígono definido nesta resolución, para os efectos previstos no artigo 52 da Lei de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Esta declaración de utilidade pública queda limitada ós bens non afectados pola concesión mineira Conchitina nº 4980, da que é titular Cuarzos Industriales, S.A.

Sexto.-Con data do 15 de xuño de 1998 a Dirección Xeral de Industria inicia expediente para determina-la compatibilidade ou prevalencia, se é o caso, entre os dereitos mineiros titularidade de Cuarzos Industriales, S.A. e o parque eólico do Vicedo, autorizado a Eurovento, S.L., e outorgando para o efecto un prazo dun mes para a vista do expediente polas

partes implicadas, co fin de formular cantas alegacións coidaren pertinentes.

Sétimo.-O 7 de xullo de 1998, Roberto Almuiña Díaz, en nome e representación de Cuarzos Industriales, S.A. interpón recurso ordinario contra a citada Resolución do 12 de maio de 1998, alegando o que considerou procedente en defensa dos intereses da súa representada e solicitando que se dicte no seu día nova resolución que, revogando a recorrida, a deixe sen efecto acordando denega-la solicitude de autorización do parque eólico do Vicedo nos termos aprobados, así como a súa declaración de utilidade pública, logo de declaración da incompatibilidade de ámbolos dous aproveitamentos, nos termos solicitados por Eurovento, S.L. ou, alternativamente, logo de anulación da resolución recorrida, dicte outra, se é que resulta procedente, autorizando a instalación do parque eólico en termos diferentes ós actuais, de maneira que, considerando o alegado por Cuarzos Industriales, S.A. resultara compatible cos dereitos mineiros da súa titularidade, considerando, en todo caso, a indemnización que a

favor de Cuarzos Industriales, S.A. resultase procedente.

Así mesmo, solicitaba que se acordase a suspensión da resolución impugnada.

Oitavo.-Dentro do prazo sinalado para o efecto durante a substanciación do procedemento de compatibilidade ou prevalencia de aproveitamentos, con data do 16 de xullo de 1998 recíbese nas dependencias da Consellería de Industria e Comercio escrito en nome e representación de Cuarzos Industriales, S.A., alegando, en resumo, que 1º) a improcedencia do presente trámite de audiencia; 2º) a incompatibilidade das instalacións autorizadas e os dereitos mineiros titularidade de Cuarzos Industriales, S.A., afectados por elas -Conchitina nº 4980, demasía a Conchitina e permiso de investigación Conchitina 2 nº 5701-; 3º) a prevalencia dos dereitos mineiros sobre o aproveitamento eólico, 4º) os danos e perdas de confirmarse a resolución recorrida; 5º) a suspensión da resolución da que trae causa o presente trámite de alegacións e solicitando que se dicte resolución que declare a incompatibilidade de ámbolos dous aproveitamentos nos termos solicitados polo proxectado por Eurovento, S.L., así como

a prevalencia dos dereitos mineiros titularidade de Cuarzos Industriales, S.A. ou alternativamente se autorice a instalación do parque eólico en termos diferentes ós actuais, de maneira que, considerando o alegado por esta parte, resultasen compatibles ámbolos dous aproveitamentos considerando, se é o caso, a indemnización que a favor de Cuarzos Industriales, S.A. resultase procedente.

Noveno.-Con data do 16 de xullo, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento, S.L., e dentro do prazo outorgado para o efecto no expediente de compatibilidade ou, se é o caso, prevalencia de aproveitamentos, remítelle escrito á Consellería de Industria e Comercio alegando, polo que ó fondo do asunto se refire, 1º) a inexistencia

de vetas importantes de recurso mineral na área de implantación do parque eólico do Vicedo, 2º) a inactividade mineira durante máis de 25 anos na área agora en conflicto, 3º) a propiedade do 75% dos terreos necesarios para a instalación do parque eólico e 4º) a obtención dos preceptivos permisos, licencias e autorizacións outorgados polos órganos competentes para o desenvolvemento e construcción das instalacións e solicitando, in fine, a declaración de compatibilidade de ámbalas dúas actividades, que o proxecto que vai desenvolver Cuarzos Industriales dentro da súa concesión se realice a unha distancia non inferior a un radio de 350 metros a cada lado da liña de aeroxeradores proxectada ou, se é o caso, de que as estima incompatibles, a prevalencia do proxecto de Eurovento, S.L., todo iso sen prexuízo de que, de considerarse oportuno, se inste o oportuno expediente de caducidade da concesión Conchitina nº 4980.

DEécimo.-Con data do 30 de xullo de 1998 esta consellería resolve declarar que non procede a suspensión da resolución impugnada no referido recurso ordinario.

Décimo primeiro.-Con data do 4 de setembro, esta consellería resolve desestima-lo recurso ordinario interposto, cos fundamentos xurídicos que na resolución se conteñen, remitindo o pronunciamento sobre as alegacións formuladas pola entidade mercantil recorrente ó momento procedemental oportuno, que non é outro que o que agora se resolve.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta consellería é competente para resolve-lo expediente de referencia, conforme o establecido no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril); nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro, DOG nº 30, do 4 de decembro); nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro), na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente (DOG nº 23, do 21 de marzo), reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro), no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio (DOGs nº 63, do 2 de abril, e 89, do 12 de maio) e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciónes públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Segundo.-Unha planificación adecuada no marco da política enerxética e mineira obriga a limita-los efectos do expediente tramitado a verifica-la compatibilidade ou incompatibilidade do aproveitamento eólico no autorizado parque do Vicedo cos aproveitamentos dos recursos minerais existentes na zona, sen que proceda resolver, no expediente que nos ocupa, sobre a situación xurídico-administrativa dos dereitos mineiros titularidade de Cuarzos Indus

triales dos que a afectación polas instalacións se alega.

Terceiro.-Do informe técnico elaborado pola Dirección Xeral de Industria, e á marxe doutras consideracións técnico-xurídicas alegadas reiteradamente polos titulares de dereitos afectados e alleas ó fondo do asunto que nos ocupa, dedúcese que ningún dos aeroxeradores se sitúa sobre o corpo filoniano existente na zona, sendo as distancias menores achadas de 61,235 m, 67,987 m e 72, 557 m ás turbinas designadas cos números 1, 22 e 21 respectivamente, polo que haberá que concluír, de conformidade co informe técnico citado, que a realización de estudios preliminares de voaduras in situ fan permisible a compatibilidade de ámbalas dúas actividades industriais.

Por todo o anterior, esta consellería, no exercicio das súas competencias en materia de planificación dos recursos naturais, tanto minerais coma enerxéticos, toda vez que a riqueza xerada ou que se vai xerar na nosa Comunidade Autónoma debe ser respectada, potenciada e, cando conflúan intereses contrapostos, coma no caso que nos ocupa, harmonizada, e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Primeiro.-Declara-la incompatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Vicedo autorizada mediante resolución da Dirección Xeral de Industria en favor de Eurovento, S.L. coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado, titularidade de Cuarzos Industriales, S.A., sen prexuízo da resolución que no seu día sexa dictada polo órgano competente nos procedementos actualmente en curso sobre a agrupación de dereitos mineiros incoados pola dita entidade.

Segundo.-Declara-la utilidade pública das instalacións autorizadas mediante resolución da Dirección Xeral de Industria do 12 de maio de 1998, para os efectos de expropiación forzosa de tódolos bens e dereitos afectados polas instalacións autorizadas e para os efectos previstos no artigo 52 da Lei de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, logo da comunicación a esta consellería esixida no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG nº 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Parque eólico do VicedoProvincia: LugoConcello: O Vicedo

PROPIETARIOSAFECCIÓN

Predios

Cultivo

Nome e apelidos

Domicilio

Superficie

ocupada m

2REGO CABADOMONTE BAIXOHDOS. DE DOLORES YÁÑEZ CASALXURBAL-O VICEDO1.995

3REGO CABADOMONTE BAIXOHDOS. DE JUAN VIZOSODESCOÑECIDO451

6SOBRE DA COBIÑAMONTE BAIXOHDOS. DE VICENTE VIZOSODESCOÑECIDO184

7SOBRE DA COBIÑAMONTE BAIXORICARDO TRASANCOS GONZÁLEZXURBAL - O VICEDO304

8PUNTAS DAS QUIXASMONTE BAIXODESCOÑECIDO79

12QUEIMADOS OU VOLTA DO CAMIÑOMONTE BAIXORICARDO TRASANCOS GONZÁLEZXURBAL - O VICEDO206

16LAGOAMONTE BAIXOJOSÉ BASANTA FERNÁNDEZSIXTO - CABANAS - O VICEDO1642

18LAGOAMONTE BAIXOJULIO NOVOMAÑON - A CORUÑA2.532

29CRISTO O S. DA PENAMONTE BAIXOFRANCISCO E MARINA BALTAR FERNÁNDEZR. PRADO VILLAPOL - O VICEDO, PR. DE ESPAÑA, 1 FERROL-A CORUÑA1.544

29 ACRISTO O S. DA PENAMONTE BAIXOFRANCISCO BALTAR FERNÁNDEZDR. PRADO VILLAPOL-O VICEDO, PR. DE ESPAÑA, 1 FERROL-A CORUÑA1.544

32LAGOAMONTE BAIXOMª DEL CARMEN ALICIA MARTÍNEZ CALVOPEDREGAL, 8 COVAS-VIVEIRO5.049

33QUEIMADOS MONTE BAIXOANTONIO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZXURBAL - O VICEDO185

35PENA CHA OU QUEIMADOMONTE BAIXODIGNA INSUA TIMIRAOSFOLGUEIRO - O VICEDO490

39PENA CHAMONTE BAIXORICARDO TRASANCOS GONZÁLEZXURBAL - O VICEDO306

43SOBRE DO CALDEIROMONTE BAIXOHDOS. DE VICENTE RIVERA FERNÁNDEZSUEGOS - O VICEDO120

50SOBRE DO CALDEIROMONTE BAIXOBAUTISTA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZSAN ROMÁN - O VICEDO409

54SUB PAO DO LOBOMONTE BAIXOCLAUDINO DÍAZ RODRÍGUEZSAN ROMÁN - O VICEDO131

56SUB PAO DO LOBOMONTE BAIXOCLAUDINO DÍAZ RODRÍGUEZSAN ROMÁN - O VICEDO253

61S. DA CH. DE RIBAMONTE BAIXOLEANDRO CARBONERO BRAVOCHILE, 10, 28016 MADRID956

63S. DA CH. DE RIBAMONTE BAIXOLEANDRO CARBONERO BRAVOCHILE, 10, 28016 MADRID790

64CALMONTE BAIXOMARINA BALTAR FERNÁNDEZDR. PRADO VILLAPOL - O VICEDO677

74ANTIGASMONTE BAIXO HDOS. SANTOS INSUA LÓPEZXURBAL - O VICEDO572

76ANTIGASMONTE BAIXOLEANDRO CARBONERO BRAVOCHILE, 10, 28016 MADRID544

78ANTIGASMONTE BAIXOHDOS. SANTOS INSUA LÓPEZXURBAL-O VICEDO683

79ANTIGASMONTE BAIXOLEANDRO CARBONERO BRAVOCHILE, 10, 28016 MADRID1.390

83SOBRE DAS AIRASMONTE BAIXOHDOS AMPARO MARTÍNEZ BALTARMURONOVO-O VICEDO1.348

84BSUB PAO DO LOBOMONTE BAIXOLEANDRO CARBONERO BRAVOCHILE, 10, 28016 MADRID464

84CSUB PAO DO LOBOMONTE BAIXOMARINA ROLLE VILLARFOLGUEIRO - O VICEDO208

84GSUB PAO DO LOBOMONTE BAIXOMARINA ROLLE VILLARMOSENDE - O VICEDO726

84KSUB PAO DO LOBOMONTE BAIXODESCOÑECIDO749

84NSUB PAO DO LOBOMONTE BAIXODANIEL VIDAL ROLLEPENELA - O VICEDO3.817

87SUB PAO DO LOBOMONTE BAIXOBAUTISTA RODRIGUEZ VIZOSOFOLGUEIRO-O VICEDO603

88SUB PAO DO LOBOMONTE BAIXOSARITA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ E IRMÁNSFOLGUEIRO-O VICEDO404

90SUB PAO DO LOBOMONTE BAIXODANIEL VIDAL ROLLEPENELA - O VICEDO964

93SUB PAO DO LOBOMONTE BAIXOJOSÉ A. GONZÁLEZ PEDREIRASMOSENDE-O VICEDO764

94SUB PAO DO LOBOMONTE BAIXORICARDO TRASANCOS GONZÁLEZXURBAL - O VICEDO763

95SUB PAO DO LOBOMONTE BAIXODANIEL VIDAL ROLLEPENELA - O VICEDO479

97SUB PAO DO LOBOMONTE BAIXOJOSÉ A. GONZÁLEZ PEDREIRAMOSENDE-O VICEDO1.181

100SUB PAO DO LOBOMONTE BAIXOMANUELA ROLLE TIMIRAOSCOVAS - VIVEIRO261

102SUB PAO DO LOBOMONTE BAIXOLEANDRO CARBONERO BRAVOCHILE, 10, 28016 MADRID305

104 ASOBRE DA CHOUSAMONTE BAIXOHDOS. DE AMPARO MARTÍNEZ BALTARXURBAL-O VICEDO1.104

104CSOBRE DA CHOUSAMONTE BAIXOHDOS.FRANCISCO INSUA LÓPEZ XURBAL - O VICEDO1.104

105CHOUSAMONTE BAIXOLEANDRO CARBONERO BRAVOCHILE, 10, 28016 MADRID6.230

109FOXO DO CABRITOMONTE BAIXOHDOS. DE SANTOS INSUA LÓPEZXURBAL-O VICEDO1.621

112FOXO DO CABRITOMONTE BAIXOHDOS. ARTURO LÓPEZ LÓPEZFORQUETA-O VICEDO4.037

114FOXO DO CABRITOMONTE BAIXODESCOÑECIDO465

117FOXO DO CABRITOMONTE BAIXODESCOÑECIDO769

118FOXO DO CABRITOMONTE BAIXOLEANDRO CARBONERO BRAVOCHILE, 10, 28016 MADRID2.613

119FOXO DO CABRITOMONTE BAIXOHDOS. ARTURO LÓPEZ LÓPEZFORQUETA-O VICEDO1.623

120FOXO DO CABRITOMONTE BAIXOLEANDRO CARBONERO BRAVOCHILE, 10, 28016 MADRID1.847

121FOXO DO CABRITOMONTE BAIXODESCOÑECIDO483

122FOXO DO CABRITOMONTE BAIXOHDOS.DE ANSELMO CRIBEIRO INSUAFORQUETA-O VICEDO3.789

123F. DAS GRALLASMONTE BAIXOHDOS. ARTURO LÓPEZ LÓPEZFORQUETA-O VICEDO2.877

124REGO DA SERPEMONTE BAIXOJOSÉ A. GONZÁLEZ PEDREIRASMOSENDE VICEDO2.456

125REGO DA SERPEMONTE BAIXODESCOÑECIDO438

126REGO DA SERPEMONTE BAIXODESCOÑECIDO819

127REGO DA SERPEMONTE BAIXOHDOS. AMPARO MTÍNEZ. BALTARXURBAL-O VICEDO1.118

128REGO DA SERPEMONTE BAIXODANIEL VIDAL ROLLEPENELA - O VICEDO753

129REGO DA SERPEMONTE BAIXOMERCEDES CORA ROLLEMOSENDE - O VICEDO318

130REGO DA SERPEMONTE BAIXOLEANDRO CARBONERO BRAVOCHILE, 10, 28016 MADRID442

132REGO DA SERPEMONTE BAIXONEMESIA ROLLE TIMIRAOSMOSENDE-O VICEDO220

134REGO DA SERPEMONTE BAIXODANIEL VIDAL ROLLEPENELA - O VICEDO482

135REGO DA SERPEMONTE BAIXOHDOS. ELISA CASAL CORAMOSENDE - O VICEDO742

138PENA DAS SEIXASMONTE BAIXODESCOÑECIDO3.863

139PENA DAS SEIXASMONTE BAIXODOLORES CORA INSUACOVAS VIVEIRO1.284

PROPIETARIOSAFECCIÓN

Predios

Cultivo

Nome e apelidos

Domicilio

Superficie

ocupada m

140PENA DAS SEIXASMONTE BAIXOLEANDRO CARBONERO BRAVOCHILE, 10, 28016 MADRID6.359

141TRAS DO BALADOMONTE BAIXOHDOS. ARTURO LÓPEZ LÓPEZFORQUETA-O VICEDO4.469

143EITO DO SERROMONTE BAIXOHDOS. ARTURO LÓPEZ LÓPEZFORQUETA-O VICEDO1.542

144EITO DO DERROMONTE BAIXOVALERIO CRIBEIRO PERNASFORQUETA-O VICEDO1.032

147EITO DO SERROMONTE BAIXOJOSÉ FERNÁNDEZ INSUAFORQUETA-O VICEDO1.163

148EITO DO SERROMONTE BAIXOVALERIO CRIBEIRO PERNASFORQUETA-O VICEDO1.544

154REGO DA SERPEMONTE BAIXOMAGDALENA MARTÍNEZ YÁÑEZSAN ROMAN-O VICEDO58

155REGO DA SERPEMONTE BAIXOMANUEL FERNÁNDEZMOSENDE - O VICEDO101

156REGO DA SERPEMONTE BAIXODANIEL VIDAL ROLLEPENELA - O VICEDO133

157REGO DA SERPEMONTE BAIXOHDOS DE MANUEL CASAL Y ELISA CORAMOSENDE - O VICEDO64

162CHOUSA NOVAMONTE BAIXOHDOS. ARTURO LÓPEZ LÓPEZFORQUETA-O VICEDO46

163CHOUSA NOVAMONTE BAIXOJOSÉ GARCÍA LÓPEZFOLGUEIRO-O VICEDO21

172PENAS LABRADASMONTE BAIXOHDOS. ARTURO LÓPEZ LÓPEZFORQUETA-O VICEDO16.230

176PENAS MOURASMONTE BAIXOMARINO INSUA YÁÑEZRIOBARBA - O VICEDO561

177PENAS MOURASMONTE BAIXOVALERIO CRIBEIRO PERNASFORQUETA-O VICEDO721

178LAMESTOSMONTE BAIXORICARDO TRASANCOS GONZÁLEZXURBAL - O VICEDO582

179LAMESTOSMONTE BAIXODESCOÑECIDO1695

180LAMESTOSMONTE BAIXOHDOS. ARTURO PENA LÓPEZSAN ROMAN - O VICEDO1411

181CAMPO DA TRABEMONTE BAIXOVALERIO CRIBEIRO PERNASFORQUETA-O VICEDO1.688

182CAMPO DA TRABEMONTE BAIXOHDOS. DE Mª ANTONIA INSUA MARTÍNEZFORQUETA-O VICEDO2.416

183CAMPO DA TRABEMONTE BAIXOHDOS. DE JOSÉFA CRIBEIRORIOBARBA - O VICEDO2.270

184CHOUSA DO MONTEMONTE BAIXOJOSÉ FERNÁNEZ INSUAFORQUETA-O VICEDO1.666

185CHOUSA DO MONTEMONTE BAIXOVALERIO CRIBEIRO PERNASFORQUETA-O VICEDO1.718

186SOBRE DO CASONMONTE BAIXOJOSÉ L. CRIBEIRO MARTÍNEZFORQUETA-O VICEDO3.963

192PENAS MOURASMONTE BAIXODANIEL PIÑÓN FANEGOCOVAS - OVICEDO128

193PENAS MOURASMONTE BAIXODESCOÑECIDODESCOÑECIDO216

194PENAS MOURASMONTE BAIXODANIEL VIDAL ROLLEPENELA - O VICEDO50

195PENAS MOURASMONTE BAIXOHDOS.DE BAUTISTA VALE MARTÍNEZCHAO O VICEDO4.006

199PENA DO MAGÜEIROMONTE BAIXOFÉLIX TIMIRAOS RODRÍGUEZ CASTROBO VICEDO866

200PENA DO MAGÜEIROMONTE BAIXOHDOS. DE BAUTISTA VALE MARTÍNEZCHAO O VICEDO2.263

202CARBALLASMONTE BAIXODANIEL VIDAL ROLLEPENELA - O VICEDO1.462

205PUCEIRASMONTE BAIXODESCOÑECIDO1.382

208LAGOAMONTE BAIXOJOSÉ MOURELOS FRANCOCASTROBO - O VICEDO1.806

210PENA DO PRADOMONTE BAIXOHDOS. DE DOLORES FERNÁNDEZ REYCOVAS - VIVEIRO1.576

213PENA DO PRADOMONTE BAIXOJOSÉ MOURELOS FRANCOCASTROBO - O VICEDO3.959

214REGACHEIRAMONTE BAIXOHDOS. DE ANTONIO TIMIRAOS REYCASTROBO O VICEDO2.620

219PENA BRANCAMONTE BAIXOJOSÉ MOURELOS FRANCOCASTROBO - O VICEDO2.463

220PICO DO CASTROBOMONTE BAIXOHDOS. DE ANTONIO TIMIRAOS REYCASTROBO O VICEDO2.627

222PICO DO CASTROBOMONTE BAIXOLUCIANO FERNÁNDEZ CAORIOBARBA-O VICEDO2.878

223PICO DO CASTROBOMONTE BAIXOARGIMIRO PRIETO CRIBEIROCHAO - O VICEDO3.679

224MONTE DAS TERCIASMONTE BAIXOVICENTE VALE PERNASTELLADO - O VICEDO4.518

225MONTE DAS TERCIASMONTE BAIXOLISARDO GONZÁLEZ CRIBEIROTELLADO - O VICEDO3.264

226CHOUSA ABERTAMONTE BAIXOJOSÉ MOURELOS FRANCOCASTROBO - O VICEDO1.193

229CHOUSA ABERTAMONTE BAIXOARGIMIRO PRIETO CRIBEIROCHAO - O VICEDO804

231CALDO ESPIÑEIROMONTE BAIXOHDOS. ANTONIO TIMIRAOS REYCASTROBO - O VICEDO1.390

233CALDO ESPIÑEIROMONTE BAIXOJOSÉ MOURELOS FRANCOCASTROBO - O VICEDO2.204

234CALDO ESPIÑEIROMONTE BAIXOHDOS. BAUTISTA VALE MARTÍNEZCHAO - O VICEDO707

235P. MASCOTOMONTE BAIXODESCOÑECIDO7.703

BPOCEIRASMONTE BAIXOJOSÉ GONZÁLEZ PEDREIRAMOSENDE-O VICEDO346

DPOCEIRASMONTE BAIXOMARIA ROLLE VILLARFOLGUEIRO-O VICEDO247

LPOCEIRASMONTE BAIXOFELICIANA POLO CRIBEIRODESCOÑECIDO35

MPOCEIRASMONTE BAIXODESCOÑECIDO14

NPOCEIRASMONTE BAIXODESCOÑECIDO3

8662