En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da seguinte obra:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.
c) Nº de expediente: 30/1998.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: obras.
b) Descrición do obxecto: reparación da fachada principal do edificio destinado á Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra.
c) Diario Oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 135, do 15 de xullo de 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso público.
4. Orzamento base de licitación: vintenove millóns novecentas setenta e nove mil cincocentas noventa e unha pesetas (29.979.591), IVE incluído.
5. Adxudicación:
a) Data: 11 de agosto de 1998.
b) Contratista: CLAR REHABILITACIÓN, S.U.R.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: vinteseis millóns oitenta e dúas mil duascentas corenta e catro pesetas (26.082.244), IVE incluído.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1998.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda
8367