Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 24 de setembro de 1998 Páx. 10.657

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (53/1998).

En virtude de acordado en resolución do día de hoxe dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 53/1998, cítase o denunciante José Luis Barrio Val, do que se descoñece o seu domicilio actual, para o vindeiro día 7 de outubro de 1998 ás 11.35 compareza, na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que pode ser asistido de avogado e de que deberá acudir coas probas que teña e prevíndoo de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula de citación en Santiago de Compostela, o 9 de setembro de 1998.

O Secretario

Rubricado

8366