Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 24 de setembro de 1998 Páx. 10.629

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de xullo de 1998 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Santa Comba (A Coruña) e do Instituto de Educación Secundaria número 2 de Sarria (Lugo).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG 156, do 9-8-1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-los cambios de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santa Comba.

Localidade: Santa Comba.

Código do centro: 15026030.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Santa Comba.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Terra de Xallas.

Provincia: Lugo.

Concello: Sarria.

Localidade: Sarria.

Código do centro: 27012048.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 2.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Xograr Afonso Gómez de Sarria.

8510