Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 24 de setembro de 1998 Páx. 10.629

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de setembro de 1998 pola que se clasifica como benéfico docente a Fundación Francisco José Traspuesto Miguel.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Francisco José Traspuesto Miguel, con domicilio en Vigo.

Supostos de feito.

1. Francisco Domínguez Rego, en calidade de secretario da fundación, en escrito do vintecinco de maio de 1998, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo, o día 14 de maio de 1998, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña Antonio Rodríguez González, co número mil seiscentos sesenta do seu protocolo, por Francisco José Traspuesto Miguel, Alfonso Zulueta de Haz, Bartolomé Campins Traspuesto, Eugenio Camiña Piñeiro, Francisco Domínguez Rego, Santiago Fernández Vizoso, Alberto Daniel Alonso Macías, Balbino Irisarri Castro, Honorio Fariñas Lomba, Jesús Moares Lago e José Cachafeiro Chamosa, que interveñen en nome propio.

3. Segundo consta no artigo 4 dos estatutos, o obxecto da fundación é atende-los estudio, sufragando os seus gastos, dos fillos/as dos empregados/as fixos das empresas Cablerías Conductoras, S.A.Dik Mgi-Coutier, S.A., e Productos Koala, S.A..

4. O padroado da fundación estará constituído por Francisco José Traspuesto Miguel como presidente, Alberto Daniel Alonso Macías como vicepresidente, Francisco Domínguez Rego como secretario e tesoureiro e Alfonso Zulueta de Haz, Bartolomé Campins Traspuesto, Eugenio Camiña Piñeiro, Santiago Fernández Vizoso, Balbino Irisarri Castro, Honorio Fariñas Lomba, Jesús Moares Lago e José Cachafeiro Chamosa como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico docente da Fundación Francisco José Traspuesto Miguel dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico docente e a súa adscrición á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral

de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º. c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola comisión de secretarios xerais na súa reunión do día catorce de setembro de 1998.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía para Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico docente a Fundación Francisco José Traspuesto Miguel e adscribila á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8285