Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 22 de setembro de 1998 Páx. 10.570

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1998, do tribunal designado para xulga-las probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por Resolución do 20 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes (DOG número 143, do 27 de xullo), pola que se modifica o calendario das devanditas probas aprobado por Resolución do 2 de setembro de 1998.

Este tribunal resolveu:

Primeiro.-De conformidade coa base quinta, punto 2 da Resolución do 28 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes (DOG nº 143, do 27 de xullo), establécese o calendario e horario das probas, modificando o aprobado por Resolución do 2 de setembro de 1998, que queda fixado do seguinte xeito:

Día 14 de novembro de 1998

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías

9 horas. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por A, ata os que comezan por D, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías

11 horas. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por A, ata os que comezan por D, ambos inclusive.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías

16 horas. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por E, ata os que comezan por Li, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías

18 horas. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por E, ata os que comezan por Li, ambos inclusive.

Día 21 de novembro de 1998

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías

9 horas. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Lo, ata os que comezan por P, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías

11 horas. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Lo, ata os que comezan por P, ambos inclusive.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías

16 horas. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Q, ata os que comenzan por Z, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías

18 horas. Para os aspirantes dos que a letra inicial do primeiro apelido comece por Q, ata os que comezan por Z, ambos inclusive.

Día 28 de novembro de 1998

-Axencias de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor

9 horas. Tódolos aspirantes.

-Específico interior e internacional de viaxeiros

11.30 horas. Tódolos aspirantes.

Segundo.-As probas celebraranse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela, Avda. das Ciencias, s/n.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal

8539