Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 4 de setembro de 1998, aprobou con carácter inicial o estudio de detalle da UA nº 17-A promovido polos propietarios dos terreos do ámbito e redactado polos arquitectos Antonio Freire Romero e Alfredo González Prieto, que modifica o aprobado inicialmente en sesión plenaria celebrada o 26 de marzo de 1998.

Durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado o documento nas oficinas municipais e presentarse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culelredo, 7 de setembro de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

8520