Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 4 de setembro de 1998, aprobou con carácter inicial un documento de modificacion puntual do PXOU

no ámbito da UA nº 52 delimitada nel, que foi elaborado polo arquitecto municipal e que ten por obxecto reaxusta-lo ámbito desta unidade, substituí-lo equipamento deportivo por zona verde reordena-los volumes edificatorios e vías e recualifica-los terreos que polo reaxuste que se realiza quedan fóra da unidade e que pasan de equipamento deportivo a sistema xeral viario.

Sométese o documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, durante o que poderá ser examinado nas oficinas municipais e presentarse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 7 de setembro de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

8519