Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorga autorización administrativa, declaración da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/45-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: Avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T. e C.T. Calvos II.

Situación: Fornelos de Montes.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 775 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos, desde o apoio 32 da L.M.T. Feixa I-Calvos ata o C.T. que se proxecta en Calvos II, concello de Fornelos de Montes. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e os artigos 52, 53 e 54 da Lei 54/1997, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 3 de agosto de 1998.

P.A.

Rafael Rubio Maquieira

Secretario provincial de Pontevedra

8182