Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 21 de setembro de 1998 Páx. 10.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorga autorización administrativa, declaración da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/39-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: Avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: interconexión C.I. A Roca e L.A.T. Sub. Ponte-Caldelas-A Lama.

Situación: Ponte-Caldelas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 225 m de lonxitude, desde o C.I. A Roca ata as proximidades do apoio 16 da L.A.T. Sub. Ponte-Caldelas-A Lama, con conductor LA-180 en dobre circuíto, un de entrada da L.A.T. Sub. Ponte-Caldelas-A Lama no C.I. A Roca e outro de saída, conductor LA-110 e conductor R.H.V. na entrada e saída da liña no C.I. A Roca. A liña irá sobre apoios metálicos. Concello de Ponte-Caldelas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 40/1994 (artigos 52 e 53), e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 21 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7649