Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación acordou, en sesión do 30-6-1998, a aprobación definitiva do plan especial de protección e reforma interior da zona histórica de Noia.

Cumprido o trámite do artigo 48.3º e 4º, LSG, a teor do preceptuado no artigo 252 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, artigo 70.2º, LRBRL e 196.2º, ROF, no BOP transcríbese o texto íntegro da normativa urbanística do referido plan especial, o cal entrará en vigor no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da presente publicación no BOP.

Contra o devandito acordo de aprobación definitiva, que esgota a vía administrativa, sen prexuízo dos recursos administrativos que poidan proceder, de conformidade co artigo 306, TRLS/1992, poderá ser recorrido ante a xurisdicción contencioso-administrativa nos termos previdos no artigo 29, LX.

Noia, 12 de agosto de 1998.

M. Carmen Abeijón García

Alcaldesa-presidenta

7945