Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

EDICTO polo que se sinala día e hora para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios incluídos no proxecto de expropiación da pista C-642 LC-113 por Agras.

Visto o Decreto 150/1998, do 15 de maio, do Consello da Xunta de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 104 do 2 de xuño de 1998, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Narón (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios paa a execución das obras do proxecto de apertura e acondicionamento da pista C-642-AC-113 (por Agras) e, en cumprimento do disposto na regra 2ª do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril

de 1957, fáiselles saber ós titulares dos predios incluídos no referido proxecto que o día 2 de novembro de 1998, ás 10 horas, serán levantadas as actas previas á ocupación, no salón de sesións da Casa do concello, sen prexuízo do traslado ós predios obxecto de expropiación.

O devandito acto deberán asistir persoalmente, ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, presentando os documentos acreditativos da súa titularidade: DNI e o último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, se o coidan oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular, por escrito, ante o Concello de Narón, as alegacións que coiden oportunas, co fin de emendar posibles erros xurdidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Narón, 3 de setembro de 1998.

José M. Blanco Suárez

Alcalde accidental

8482