Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 18 de setembro de 1998 Páx. 10.472

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (34/1998-09).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de xuízo de faltas número 34/1998 da que o encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Sentencia.

En Santiago de Compostela o vintenove de maio de mil novecentos noventa e oito.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 34/1998, seguidos neste xulgado sobre lesións, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante Eva León Escudero; e o denunciado Gustavo Fernández Iglesias.

Debo absolver e absolvo libremente a Gustavo Fernández Iglesias da falta de lesións pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da LAC.

Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Gustavo Fernández Iglesias e Eva León Escudero, ambos con domicilio descoñecido, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o dez de agosto de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

7837