Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.440

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

C.F.P. HOGAR PROVINCIAL PRÍNCIPE FELIPE

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra, número 147, do 3 de agosto de 1998, publícase a convocatoria de provisión do posto de traballo de porteiro, con destino ó mencionado centro de FP.

Esta provisión realízase ó abeiro do artigo 15 do Estatuto dos traballadores, punto primeiro, parágrafo primeiro; Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, artigo 28 e seguintes, do R.D. 364/1995, do 10 de marzo, e convenio colectivo de pertinente aplicación.

As condicións que deberán reuni-los aspirantes a esta contratación laboral de carácter indefinido, contéñense na convocatoria antes citada, e o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no BOE.

O importe dos dereitos de exame é de 2.000 pesetas, e o seu ingreso realizarase na Caixa Pontevedra, conta nº 2057.0005.11.0201139920.

No caso de interesa-lo exemplar do BOP de Pontevedra no que se publica a dita convocatoria, poderase mercar na imprenta da Deputación Provincial, Paseo de Domingo Fontán, s/n, ou na propia Deputación Provincial, Avenida de Montero Ríos, s/n, Negociado do Boletín Oficial da Provincia.

O que se fai público para coñecemento dos interesados.

Pontevedra, 6 de agosto de 1998.

O presidente do Padroado rector

Rubricado