Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.440

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN FORO PERMANENTE GALLEGO E IBEROAMERICANO DE LA SALUD

ANUNCIO de contratación para a instalación, en colaboración coa Fundación Botín, dun sistema de telemedicina entre hospitais do Sergas e catro centros de Hispanoamérica.

O orzamento total é de noventa e tres millóns de pesetas (93.000.000 de pesetas.).

A exposición de pregos será na Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica (División de Recursos Económicos), Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

A presentación de proposicións deberá facerse no rexistro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo (10) día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou o inmediato hábil seguinte se o décimo día coincide en sábado, domingo ou festivo.

A apertura de proposicións, en acto público, efecturase na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo de San Caetano (ático á norte), ás 9.30 horas do terceiro día hábil seguinte, contado desde o último fixado para a presentación das proposicións.

O pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1998.

José María Hernández Cochón

Presidente do Padroado da Fundación

7718