Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación por concurso da prestación dos servicios de revisión de caldeiras de calefacción en dependencias municipais e colexios públicos para o cumprimento das normas ITIC.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servicios Electromecánicos,

Patrimonio e Contratación, Educación. Nº expediente 2831/444.

2. Obxecto do contrato: descrición: prestación do servicio de revisión das caldeiras de calefacción en dependencias municipais e colexios públicos para o cumprimento das normas ITIC.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: desde o día seguinte ó da notificación do acordo de adxudicación ata o 30 de xuño de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 6.900.000 ptas.

5. Garantías: provisional: dispensada. Definitiva: 4% do tipod e licitación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo, Teléfono 986 81 01 48. Fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite: 26 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 8 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase o punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: secretaría xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 30 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

7674