Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do plan especial e catálogo complementario de edificios, conxuntos e elementos que hai que conservar, cuarteirón número 51 (UA Pobo Galego).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 3 de xullo de 1998, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do plan especial e catálogo complementario de edificios, conxuntos e elementos que hai que conservar no cuarteirón número 51 UA Pobo Galego.

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 28 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

7695