Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello en Pleno, en sesión do 31 de xullo de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Cangas, no ámbito do SAUR-6, que ten por finalidade a redelimitación do solo apto para urbanizar, axustándose á realidade física da parcela denominada Choupana.

Contra o presente acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse, no prazo de dous meses seguintes ó día da súa publicación no DOG, o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, na Coruña, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto, sen prexuízo da interposición daquel outros que coide conveniente.

Cangas, 5 de agosto de 1998.

César López Freire

Alcalde accidental

8460