Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 17 de setembro de 1998 Páx. 10.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS SOMOZAS

ANUNCIO de licitación.

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso con procedemento aberto para adxudica-la subministración dun camión recolledor-compactador con destino ó servicio de recollida do lixo, consonte o seguinte contido:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello das Somozas.

2. Obxecto do contrato.

Subministración dun camión recolledor-compactador de lixo das características que figuran no prego de condicións particulares.

3. Tipo de licitación.

Sinálase como tipo de licitación máximo a contía de 22.821.011 pesetas (IVE incluído).

4. Prazo.

O prazo de subministración será de 3 meses, contados desde a formalización do contrato.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

6. Garantías.

a) Provisional: 456.420 ptas.

b) Definitiva: 912.840 ptas.

7. Presentación de ofertas.

Dentro dos 26 días naturais seguintes á derradeira inserción deste anuncio no DOG ou BOP, de 9 a 13 horas no rexistro xeral do concello.

8. Exposición de pregos de cláusulas administrativas.

Durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

9. Documentación que hai que presentar.

A prevista na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas.

10. Gastos dos anuncios.

Tódolos gastos ocasionados pola publicación de licitación e contratación serán por conta do adxudicatario.

As Somozas, 28 de xullo de 1998.

Manuel Candocia Ramos

Alcalde

7690