Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de licitación do concurso público para outorga-la concesión en réxime de libre concorrencia da explotación do servicio funerario de tanatorio no semisoto do centro de saúde de Sobradelo, coa conseguinte execución das obras de adaptación do local e dotación de instalacións nas dependencias que integran o tanatorio.

No BOP de Ourense nº 177 do 4 de agosto de 1998, publícase o prego de condicións económico-administrativas que rexerán o concurso público por tramitación ordinaria para outorga-la concesión en réxime de libre concorrencia da explotación do servicio funerario de tanatorio no semisoto do centro de saúde de Sobradelo, coa conseguinte execución das obras de adaptación do local e dotación de instalacións nas dependencias que integran o tanatorio, segundo acordo plenario do día 26 de xuño de 1998, anunciándose así mesmo a licitación do concurso no referido BOP de Ourense.

1. Entidade administrativa: Concello de Carballeda de Valdeorras.

2. Obxecto do contrato: concurso público para outorga-la concesión en réxime de libre concorrencia de explotación do servicio funerario do tanatorio no semisoto do centro de saúde de Sobradelo coa conseguinte execución das obras de adaptación do local e dotación

de instalacións nas dependencias que integran o tanatorio.

3. Presentación de documentación e proposicións: no rexistro xeral do concello ata as 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día fose inhabil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

4. Documentación que han de presenta-los licitadores: a documentación que hai que presentar e os criterios que servirán de base para adxudicación do concuro constan detallados no mencionado prego de condicións aprobado polo Pleno e publicado no BOP de Ourense nº 177 do 4-8-1998, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten nas oficinas municipais en Sobradelo. Carballeda de Valdeorras. Teléfono: 988 33 50 02. Fax: 988 33 53 79.

5. Fianza provisional: 100.000 ptas.

6. Canon: non se fixa expresamente o canon que deberá satisface-lo concesionario con carácter anual, quedando os licitadores facultados para oferta-lo canon anual, ou establecer calquera tipo de contraprestación de realización de servicios relacionados co obxecto do concurso.

7. Apertura de plicas: ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas e documentación.

8. Modelo de proposición:

D./Dª...., con DNI nº... e domicilio en ....., actuando en nome propio (ou na representación de.... segundo acredita con ....) informado/a do expediente e condicións para contratar mediante concurso a concesión administrativa do servicio funerario de tanatorio no semisoto do centro de saúde de Sobradelo, coa conseguinte realización das obras de adaptación e dotación das instalacións en cada unha das dependencias que integran o tanatorio, anunciado no DOG nº... con data do ... e no BOP nº ... con data do ...., no que se publicou integramente o prego de condicións, comprométese á presentación do servicio de conformidade co prego de condicións, que acepta integramente, ofertándolle ó concello un canon anual por importe de ... ptas., ou a realización gratuíta dos servicios relacionados co obxecto do concurso (limpeza cemiterio, etc.) que a continuación se especifican ....

Lugar, data e sinatura.

Carballeda de Valdeorras, 6 de agosto de 1998.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa

8427