Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

CORRECCIÓN de erro no anuncio da aprobación definitiva das modificacións puntuais das normas subsidiarias de planeamento nas rúas Eijo Garay e Suafonte.

Tendo en conta que no DOG nº 169, do 1 do mes en curso, aparece publicado o anuncio de aprobación definitiva das modificacións puntuais das normas subsidiarias de planeamento nas rúas Eijo Garay e Suafonte, mediante acordo adoptado en sesión celebrada o 20 de maio do ano en curso e unha vez advertido o devandito erro por medio do presente e para os oportunos efectos, faise público que o citado acordo foi adoptado na sesión plenaria realizada o día 26 de xuño do ano en curso.

Burela, 7 de setembro de 1998.

P.D.F. (Res. Alcaldía do 6-5-1996)

Sergio López García

Primeiro Tenente de alcalde

7729