Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1998 pola que se convoca concurso para a contratación dunha asistencia técnica que permita o deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co SXPA da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Industria e Comercio (Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia).

1. Obxecto: deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondente á Consellería de Industria e Comercio (Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia).

2. Orzamento de licitación: 5.624.640, IVE incluído.

3. Prazo de execución: 9 meses, contados desde a sinatura do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., rúa Rosalía de Castro, 51, baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono: 981 59 26 00, mediante o aboamento do importe que corresponda.

5. Fianza provisional: 112.493 pesetas.

6. Fianza definitiva: 224.986 pesetas.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación dunha asistencia técnica para o deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Industria e Comercio (Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia), que presenta D ou Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó do peche de presentación de proposicións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

8434