Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, do contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos e asistencia sanitaria.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anun

cia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Contrato privado de seguro (póliza) que terá por obxecto garanti-la asistencia sanitaria no caso de accidente deportivo motivado polo feito ou con ocasión do exercicio da actividade deportiva e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais.

a) Período de vixencia: do 15 de outubro de 1998 ata o 15 de setembro de 1999, ámbolos dous inclusive.

b) Orzamento de execución: dezanove millóns duascentas setenta e catro mil cento corenta pesetas (19.274.140 ptas.), co seguinte detalle por anualidade:

-Anualidade de 1998: ata cinco millóns oitocentas sesenta e sete mil setecentas corenta pesetas (5.867.740 ptas.).

-Anualidade de 1999: ata trece millóns catrocentas seis mil catrocentas pesetas (13.406.400 ptas.).

c) Prima individual máxima: trescentas setenta e cinco pesetas (375 ptas.).

d) Número aproximado do colectivo que hai que asegurar: cincuenta e un mil trescentos noventa e sete (51.397) deportistas.

3. Requisitos do asegurado.

A acreditación da solvencia técnica ou profesional: mediante os documentos e medios de proba que enumera o artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administraccións públicas.

Sinaladamente, o licitador xuntará cadro dos servicios médicos hospitalarios e extrahospitalarios cos que conta para a prestación dos servicios de asistencia sanitaria ós que se refire o obxecto, parcial, do contrato que se pretende.

b) Outros requisitos: tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares e sinaladamente os esixidos no artigo 80.2 e) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

4. Garantía provisional e definitiva.

Prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% e 4%, respectivamente, do orzamento de licitación.

5. Obtención de documentación e informacion.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multíusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 - Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

7. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890-Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

8433