Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

SEGUNDA relación de proxectos incluídos no fondo de cooperación local (FCL) de 1998.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras: Nº/Denominación/Concello/Prazo execución/Orzamento.

-281/Abast. e Sto. en Penaverte, As Estivadas/Cualedro/3 meses/14.711.308 ptas.

-441/construcción acceso Manzaneda-Soutelo/Manzaneda/5 meses/14.170.836 ptas.

-742/camiño Neves de Grixoá-Lago/San Amaro/5 meses/5.538.784 ptas.

Ourense, 7 de setembro de 1998.

O presidente

Rubricado