Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO de licitación.

Por resolución da alcaldía do 19 de agosto actual, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso por procedemento aberto das obras de ampliación do vaso de vertido do vertedoiro municipal en Cataboi, Atios, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso se ben a licitación se aplazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas particulares.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello do Porriño.

b) Negociado de Contratación (Secretaría).

c) Expediente III-8/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Ampliación do vaso de vertido do vertedoiro municipal de Cataboi, Atios, consonte o proxecto técnico, redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas municipal e aprobado polo alcalde o 19 de agosto actual.

b) Lugar de excución: parroquia de Atios.

c) Prazo de excución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación e criterios de selección que se utilizarán para a adxudicación da obra.

Orzamento base de licitación: importe 8.268.043 pesetas.

5. Criterios de selección para a adxudicación da obra.

Prazo de execución: 5 puntos.

Mellora na calidade: 4 puntos.

Oferta económica: 3 puntos.

Valor técnico do control de calidade: 2 puntos.

6. Garantías.

Provisional: ó 2% do orzamento do contrato.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Teléfono: 986 33 13 01. Fax: 986 33 58 50.

c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

Os previstos no prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: rematará ós 26 días naturais contados desde o seguinte ó da acta de publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Porriño de 9 a 14 horas. Sábados, de 9 a 13 horas.

10. Modelo de proposición.

a) A proposición, de acordo co seguinte:

Don/Dona ..., con enderezo en ..., municipio ..., C.P. ..., e DNI nº ..., expedido en ..., con data ..., en nome propio (ou en representación de ... como

acredito por ...), informado/a do expediente de contratación e da convocatoria para a adxudicación polo procedemento aberto mediante a forma de concurso, das obras de ampliación do vaso de vertido do vertedoiro municipal de Cataboi, en Atios, anunciada no BOP e Diario Oficial de Galicia nº ... do ..., tomo parte nela comprometéndome a realiza-la no prezo de ...(letra e número) IVE incluído, de acordo co proxecto e prego de cláusulas administrativas que acepto integramente, e fago constar que non estou incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Memoria cos criterios e as variantes ou alternativas que se ofrecen: ...

..., ... de ... 1998.

Sinatura.

11. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicario.

O Porriño, 20 de agosto de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde

8370