Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Garabelos.
Situación: Baltar.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 756 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio de derivación da L.M.T. a Niñodaguia e remate en apoio de derivación ó Bouzo. L.M.T. aérea a 20 kV de 296 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixxe en apoio de derivación da L.M.T. ó Bouzo e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Garabelos. R.B.T. aérea de Garabelos con 865 m en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 14 de agosto de 1998.
P.S.L.
Juan Manuel García García
Xefe de servicio da Delegación Provincial
de Ourense
8069