Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/102-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Xuxá-Filgueiras-Azoreiros.

Situación: Rairiz de Veiga.

Descricións técnicas: 3 liñas aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª) de 2.495 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Vilar de Santos-Montalbán e remate en apoio de derivación da L.M.T. a Barracel. (2ª) de 1.115 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. a C.T. Nigueiroá e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Azoreiros. (3ª) de 38 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. a C.T. Nigueiroá e remate no C.T. existente en caseta de Xuxá. R.B.T. aérea de Azoreiros con 1.460 m e R.B.T. aérea de Xuxá e Filgueiras de 1.260 m, ámbalas dúas en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 14 de agosto de 1998.

P.S.L.

Juan Manuel García García

Xefe de servicio da Delegación Provincial

de Ourense

8070