Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 28 de agosto de 1998, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se fai público o extravío do resgardo do depósito 1499/90, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do resgardo do depósito nº 1499/90, constituído o día 21 de novembro de 1990, en Ourense, por medio de aval bancario, polo importe de 999.917 pesetas, e que garante a Ferrovial, S.A.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na rúa Progreso 38, entreplanta.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo resgardo que anulará o exemplar orixinal.

Ourense, 28 de agosto de 1998.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

8144