Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.351

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (29/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 29/1998, que se seguen por lesións en agresión, cítase a Begoña Abad Cueto para que o próximo día dezaoito de setembro ás 10.15 horas compareza ante a sala da audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciante baixo apercibimento de que, se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multada conforme a lei e recaeres sobre ela os prexuízos a que houbese lugar en dereito, podendo se é parte ser asistida por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que intente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Begoña Abad Cueto,

en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de setembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

8211