Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.351

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (97/1998-10).

Eu, Rosa Collazo Lugo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 97/1998-10 por instancia de José Cajuso García contra Domingo Ropero Pérez e José Luís Figueiras García, nas actuacións do cal, resolución desta data, se acordou citar a Domingo Ropero Pérez e a José Luís Figueiras García co fin de que o día vinteseis de novembro, ás doce vinte horas comparezan ante este xulgado para asistiren á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciados, apercibíndoos de que no caso de non o verificaren recaerá sobre eles o prexuízo correspondente en dereito e que deberán comparecer asistidos das probas das que intenten valerse.

E para que conste e sirva de citación a Domingo Ropero Pérez e José Luís Figueiras García, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de agosto de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

7954