Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.337

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de setembro de 1998 pola que se publica o texto do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 do setembro de 1998 polo que se establece o sistema para a elección de posto con carácter definitivo polos funcionarios que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 26 de decembro de 1995 para o acceso ós distintos corpos de Administración xeral na Administración autonómica, así como as vacantes que se van ofertar.

Visto o texto do Acordo do 10 de setembro de 1998 polo que se establece o sistema para a elección de posto con carácter definitivo polos funcionarios que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 26 de decembro de 1995 para o acceso ós distintos corpos de Administración xeral na Administración autonómica, así como as vacantes que se van ofertar, esta consellería

ACORDA:

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

1. Para a adxudicación de postos con carácter definitivo ós funcionarios de novo ingreso na situación de destino provisional, que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e cinco para o acceso ós distintos corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia, levarase a efecto un acto público por orde de prelación da puntuación acadada no proceso selectivo correspondente, elixindo no primeiro lugar o grupo A e correlativamente o resto e dentro de cada grupo previamente os funcionarios que acceden pola quenda de promoción interna.

2. As vacantes que elixirán os funcionarios atendendo ó seu grupo de pertenza son as que constan no anexo ó presente acordo; facúltase o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para o desenvolvemento do presente acordo.

8404