Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.228

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de agosto de 1998 pola que se autoriza definitivamente a implantación do ciclo formativo de grao superior Animación de actividades físicas e deportivas da familia profesional de actividades físicas e deportivas ó centro privado Centro de Formación Terra de Lugo.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Centro de Formación Terra de Lugo, no que solicitan autorización para poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior Animación de actividades físicas e deportivas da familia profesional de actividades físicas e deportivas.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 2048/1995 (BOE do 9-2-1996) polo que se establece o título de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-lo ciclo formativo que se relaciona no anexo da presente orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra

incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo esto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Enderezo: Polígono Industrial do Ceao, Rúa da Terra-Centro Deportivo.

Denominación específica: Centro de Formación Terra.

Titular: Agrupación Prone, S.L.

Ensinanzas que se autorizan: 1 ciclo formativo de grao superior Animación de actividades físicas e deportivas da familia profesional de actividades físicas e deportivas (2 unidades).

8382