Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 11 de setembro de 1998 Páx. 10.223

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 12 de agosto de 1998 para a convocatoria de tres prazas de persoal laboral fixo para o Centro Superior de Hostalería de Galicia, Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

A) Posto: profesor de prácticas de cociña (REF. COC-498).

1. Funcións principais: dependendo do responsable do departamento, asumirá a materia de prácticas de cociña na partida que lle corresponda, coordinando o seu funcionamento coa xestión dos restaurantes do centro.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia profesional na área como xefe de partida, cociñeiro ou posto superior, de polo menos 24 meses.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Inglés e/ou francés.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos da área (eliminatorio).

-Planificación docente.

-Impartición de clase.

-Proba práctica de Microsoft Word 97.

-Proba escrita de inglés e/ou francés.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

B) Posto: profesor de francés (REF. FRA-598).

1. Funcións principais: dependendo do responsable do departamento, participará na preparación das materias de francés, incluíndo o material docente, así como na impartición de clases e na avaliación de alumnos.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Titulación universitaria.

-Estadía de 1 ano en país onde o francés sexa idioma oficial.

Experiencia docente de 1 ano.

-Dominio do francés.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos de inglés.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame oral e escrito de francés (eliminatorio).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 97.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

C) Posto: profesor de lexislación (REF. LEG-698).

1. Funcións principais: encargarase da preparación das materias da área, incluíndo o material

docente, así como na impartición das clases e na avaliación dos alumnos.

2. Prazas: 1 (tempo parcial).

3. Requisitos:

-Licenciatura en dereito.

-Experiencia profesional na área de 6 meses.

-Experiencia docente de 24 meses.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas se van realizar:

-Exame coñecementos da área (eliminatorio).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 97.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

D) Documentación que hai que presentar:

-Solicitude, na que se indique a referencia do posto ó que se opta, dirixida ó director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago da Compostela-Noia, Km 3. Apartado 578. 15896 Santiago da Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

-Nas prazas de profesor, certificación académica na que consten as cualificacións obtidas nos estudios necesarios para optar á praza, así como o total de convocatorias.

E) Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas publicará as listas previas de admitidos e excluídos a cada proceso.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 1998.

Heriberto Verdés Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.