Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 11 de setembro de 1998 Páx. 10.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso-ampliación do prazo.

Ponse en coñecemento que o prazo para a presentación de proposicións para a contratación da determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de equipamento de campos de fútbol e pavillóns polideportivos incluídos no Plan 2000 Deportes da Deputación Provincial da Coruña, expediente nº 98/7396 da Sección de Patrimonio e Contratación, do que o anuncio de licitación foi publicado no BOP nº 202 do 3 de setembro de 1998 e no DOG nº 172 do 4 de setembro de 1998, ó ser obxecto de tramitación ordinaria, queda ampliado ata as 13 horas do día 30 de setembro de 1998.

A Coruña, 3 de setembro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente

Hipólito Blanco Malvárez

Secretario accidental

8218