Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T, Vao-Grixoa-Conso.
Situación: Manzaneda, Viana do Bolo, Vilariño de Conso.
Descricións técnicas: liña aéra a 20 kV en apoios de formigón, de 12.458 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na subestación do Vao e remate en Vilariño de Conso. Liña aérea a 20 kV de 106 metro de lonxitude, con orixe en apoio nº 30 da L.M.T. proxectada Vao-Conso e remate no C.T. aéreo existente de Grixoa.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 12 de agosto de 1998.
P.S.L.
Juan Manuel García García
Xefe de servicio da Delegación Provincial de Ourense
7937