Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Lago e Santa Comba.
Situación: Maside, O Carballiño.
Descricións técnicas: 4 liñas aéreas a 20 KV en conductor LA-56. (1ª) L.M.T. Reguenga-Lago, de 975 metros de lonxitude, con orixe na liña A.L.B. 8.02 e remate en apoio proxectado tipo H.V.H-2500/13 a colocar na L.M.T. ó C.T. Lago. (2ª) L.M.T. ó C.T. Lago, de 567 metros, con orixe en apoio nº A-37-33 tipo C-2500/13 das LL.MM.TT. existentes ós CC.TT. Alén e Balteiro e reamte no C.T. Lago. (3ª) L.M.T. ó C.T. Amarante, de 149 m, con orixe en apoio nº 1 da L.M.T. Reguenga-Lago e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Amarante. (4ª) L.M.T. ó C.T. Reviñas, de 318 m, con orixe en apoio tipo 2A/12 da L.M.T. A.L.B. 8.02 e remate no C.T. proxectado con 100 kVA 20.000/380-220 V de Reviñas. R.B.T. do C.T. Lago, do C.T. Amarante, do C.T. Reviñas e do C.T. Sta. Comba, en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 12 de agosto de 1998.
P.S.L.
Juan Manuel García García
Xefe de servicio da Delegación Provincial de Ourense
7941