Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 11 de setembro de 1998 Páx. 10.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1998 pola que se anuncia a contratación de asistencias técnicas que terán por obxecto a realización de determinadas revisións de control financeiro.

Esta consellería resolveu convoca-la contratación, polo procedemento de concurso aberto e tramitación urxente, para a adxudicación dos contratos de asistencia técnica, a continuación relacionados, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro correspondentes ás actividades desenvolvidas por determinadas entidades da Comunidade Autónoma, durante o exercicio de 1997, así coma de revisións de expedientes de subvencións.

a) Orzamentos de licitación e prazos de execución:

ENTIDADESPRAZO DE

EXECUCIÓN

IMPORTE EN

MILLÓNS

DE PESETAS

1. ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA2 MESES1,7

2. INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO1 MES0,8

3. INSTITUTO LÁCTEO GANDEIRO2 MESES3,5

4. FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN GALICIA1 MES1

5. FUNDACIÓN INSTITUTO OFTALMOLÓXICO DE GALICIA1 MES1

6. FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA2 MESES1,2

7. FUNDACIÓN HOSPITAL DE VERÍN1 MES0,7

8. HOSPITAL XERAL DE GALICIA2 MESES2,5

9. HOSPITAL XERAL DE VIGO2 MESES2,5

10. HOSPITAL XERAL CALDE LUGO2 MESES2

11. S.A. INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA (MEDTEC)1 MES1

12. S.A. DE XESTIÓN DO XACOBEO1 MES0,9

13. GESTENGA, S.A.1 MES0,8

14. ESTACIÓN DE INVIERNO MANZANEDA, S.A.45 DÍAS1

15. SOGAMA, S.A.45 DÍAS1,2

16. COMPAÑÍA DE RADIOTELEVISIÓN DE GALICIA E AS SÚAS SOCIEDADES45 DÍAS1,5

17. S.A. DO CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA1 MES0,8

18. GALIOIL, S.A.1 MES0,8

19. TUR-GALICIA1 MES0,9

20. REVISIÓN DE EXPEDIENTES DE CONCESIÓN DE AVAIS2 MESES1,5

21. REVISIÓN 1/97 SUBVENCIÓNS IGAPE (I)2 MESES2,6

22. REVISIÓN 2/97 SUBVENCIÓNS IGAPE (II)2 MESES3,2

23. REVISIÓN 3/97 SUBVENCIÓNS IGAPE (III)2 MESES3,2

24. REVISIÓN 4/97 SUBVENCIÓNS IGAPE (IV)2 MESES3,2

25. REVISIÓN 5/97 SUBVENCIÓNS IGAPE (V)2 MESES3,2

26. REVISIÓN 6/97 SUBVENCIÓNS IGAPE (VI)2 MESES2

27. REVISIÓN 7/97 SUBVENCIÓNS INDUSTRIA2 MESES3,2

28. REVISIÓN 8/97 SUBVENCIÓNS PESCA2 MESES3,2

29. REVISIÓN 9/97 SUBVENCIÓNS AGRICULTURA2 MESES2,5

ENTIDADESPRAZO DE

EXECUCIÓN

IMPORTE EN

MILLÓNS

DE PESETAS

30. REVISIÓN 10/97 SUBVENCIÓNS SANIDADE45 DÍAS1,5

31. REVISIÓN 11/97 SUBVENCIÓNS FAMILIA1 MES0,5

b) Fianza provisional: 2% sobre o orzamento fixado para cada contrato pola Administración.

c) Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas. Estarán ó dispor dos interesados para a súa consulta, na Consellería de Economía e Facenda, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Subdirección Xeral de Control Financeiro, durante o prazo de presentación de proposicións, de dez a catorce horas.

d) Prazo de presentación das proposicións: comenará o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte. No caso de que o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

e) Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Consellería de Economía e Facenda, edificio administrativo Núm. 3, San Caetano, Santiago de Compostela. Os sábados só poderán presentarse no rexistro xeral, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio Núm. 1, San Caetano, Santiago de Compostela.

f) Documentación que deben presenta-los licitadores: tanto a documentación acreditativa para contratar coa Administración coma as referencias técnicas e o detalle co que debe(n) presenta-la(s) proposición(s) determínase no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) A mesa de contratación procederá á apertura das proposicións, en acto público, ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela), ás 11 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas.

h) O importe do presente anuncio será por conta dos respectivos adxudicatarios en proporción ós orzamentos de licitación dos traballos que lles sexan adxudicados.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1998.

P.O. (13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

8141