Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 11 de setembro de 1998 Páx. 10.204

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1998, dos tribunais I-1-A e II-1-C nomeados para xulga-los procesos selectivos para o acceso ós grupos I categorías 6, 11 e 23, e grupo II categoría 17, pola que se anuncia a puntuación obtida na fase de concurso.

De conformidade coas bases II.1.1.4 e II.1.4. da Orde do 2 de decembro de 1996 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso ó grupo I, categorías 6 (psicólogos), 11 (pedagogos), e 23 (documentalista), e o grupo II, categoría 17 (asistentes sociais), anúnciase que están expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, así como nas súas delegacións provinciais e no da Escola Galega de Administración Pública, as listas provisionais coa puntuación dos aspirantes correspondentes á fase de concurso das categorías sinaladas.

Os apirantes poderán formula-las alegacións que consideren pertinentes, así como presenta-la documentación acreditativa dos méritos reclamados prevista nas bases das convocatorias, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio.

Jesús García Porto

Presidente dos tribunais I-1-A e II-1-C

7271