Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación dos servicios de consultoría e asistencia que se citan.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios de consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: organización e montaxe das casetas institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos seguintes certames feirais que se celebrarán durante 1999: European Seafood Exposition (Bruxelas, Bélxica) e World Food Market Anuga (Colonia, Alemaña).

División por lotes e número: non existen lotes.

Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ó do asinamento do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do último certame no caso da totalidade, e desde a data de iniciación ata as corenta e oito (48) horas seguintes ó da clausura de cada un dos certames no caso dos prazos parciais de execución.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Presuposto base de licitación.

Importe total: setenta millóns duascentas corenta e unha mil trescentas sesenta e sete pesetas (70.241.367 ptas.), de acordo coa seguinte distribución por anualidades:

Exercicio corrente (1998): 20.241.367 ptas.

Exercicio futuro (ano de imputación: 1999): 50.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 1.404.827 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa do Sar, 75- 15702-Santiago de Compostela; Telef. 981 54 63 04, fax 981 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo III, subgrupos 3 e 8, categoría C.

8. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: as catorce (14) horas do día 19 de outubro de 1998.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios

administrativos de San Caetano, s/n - 15704 - Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no Art. 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día 27 de outubro de 1998.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1998.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras

e Mercados

7966