Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 10 de setembro de 1998 Páx. 10.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 97/800).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Polipropileno de Galicia, S.A. (POLIGAL), con domicilio social no Polígono da Gándara, parcelas 114-118, no conecello da Narón (A Coruña), para a autorización administrativa da instalaicón que se executará na empresa situada no anterior enderezo.

O proxecto presentado prevé unha central de coxeración grupo d composta por :

2 motores alternativos de combustión interna, funcionando con gas natural e cunha potencia de 3.092 kW C/U.

2 xeradores síncornos trifásicos de 3.000 kW C/U, cunha tensión de xeración de 6 kV a 50 Hz, e un factor de potencia de 0,8.

Un centro de transformación 6/15, con dous transformadores de 3,5 MVA c/u.

Instalacións complementarias de aproveitamento de calor, de baixa tension de de regulación e control de todo o sistema.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 20 de agosto de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

8057